Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A gastronomía coreana é a comida tradicional dos coreanos. A cociña é variada, desde pratos de realeza coreana, até aqueles preparados nas cidades do interior como Seúl, ou a cidades portuarias como Inchon e Busán. A cociña coreana consómese tamén no nordeste chinés (onde existe unha poboación de chosonitas). Trátase dunha cociña picante e sazonada con especias que ten certos símiles coa cociña chinesa e da xaponesa, aínda que con peculiaridades.
A comida diaria dos coreanos está fundamentada no arroz, nas verduras, no pescado, mariscos e no dubu (tofu en coreano). O que se coñece como "comida coreana" son tipicamente os pratos que se serven como acompañamento do arroz. A diferenza da tradición occidental-europea, en Corea non existe un concepto de primeiro ou segundo prato, senón que todos os alimentos acompañan o arroz (반찬 ban-chan) nunha especie de coordinación culinaria de pequenos pratos. O gochujang é unha salsa rubia picante que serve para condimentar.
Os pratos principal na gastronomía de Corea son o bulgogi (literalmente significa carne ao fogo) e o kimchi (prato elaborado con verduras fermentadas). Poden encontrarse alimentos fermentados, verduras e legumes, sopas, tés, licores, sobremesas e bebidas non alcohólicas. O kimchi e a salsa de doenjang elaborada con soia son os exemplos máis coñecidos de alimentos fermentados coreanos.
Existe unha gran variedade de pratos con alto contido vexetal. Unha característica desta cociña é que raramente conteñen produtos fritidos, ao contrario do que sucede na veciña China, non sendo logo moi abundante o uso de aceites empregados nas técnicas de fritura. É costume ferver ou escaldar os alimentos, ou asalos, cociñalos ao vapor etc. Cando se frite, utilízase moi pouco aceite, e acostuma empregarse aceite vexetal.
Outros pratos son o bibimbap, o galbi, que son costelas de vaca asadas acompañadas de vexetais varios, o mandu, empanadillas recheas de vexetais e carne e o mandukug, sopas de mandu.
En Corea existe tamén un rito do té como no veciño Xapón. Algúns dos tés máis famosos son:
O soju (소주) é unha especie de augardente moi popular entre as bebidas de alto contido alcólico, que entre os viños de Majuang, que se elaboran cunha mestura de uvas coreanas e francesas é o máis coñecido. Pódese dicir que en Corea existen case 100 variedades de viño e licores.
O soju faise a partir da fermentación dos grans de trigo e das patacas. Adoita ter unha concentración alcólica do 22 %.
Denomínase yakju o licor refinado fermentado do arroz, coñecido tamén como cheongju. Existe tamén o takju, que é un viño tradicional de arroz makgeolli (막걸리).
A comida principal do día é o xantar, onde se acostuma a servir arroz canda outros pequenos pratos de acompañamento. A cada comensal adóitaselle servir un prato de sopa e outro de arroz, ficando o resto de pratos no centro da mesa. Como cubertos, utilízanse culleres para a sopa e palillos, que tradicionalmente son de metal.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.