Loiba, Ortigueira

parroquia civil do concello de Ortigueira From Wikipedia, the free encyclopedia

Loiba, Ortigueiramap
Remove ads

San Xulián de Loiba é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2020 tiña 356 habitantes (174 homes e 182 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 609 habitantes.

Datos rápidos Concello, Provincia ...
Remove ads

Xeografía

Loiba está situada no extremo oriental do concello de Ortigueira, entre o océano Atlántico e a vertente occidental da Serra da Faladoira. Os límites pola costa van dende a pena Penafurada até a desembocadura do río de Esteiro, que á súa vez é límite co concello de Mañón, polo oeste linda coa parroquia de Céltigos, e polo sur e leste coa ría de Esteiro até o regato de Pumar de Val, que a separa de novo de Mañón.

O río Esteiro atravesa a parroquia até a praia de Esteiro que a divide do veciño concello de Mañón. No seu termo hai outras praias salvaxes como O Picón e O Carro, ás que pola zona adoita chamárselles ribeiras, polo escarpado dos seus accesos.

Remove ads

Patrimonio

A igrexa parroquial está ao pé da estrada que leva até o lugar do Picón dende a AC-682. É de construción moderna, de principios do século XX, e planta de cruz latina, e ao seu carón está o cemiterio parroquial. Existen ademais na parroquia dúas pequenas capelas adicadas a santo André, preto do antigo campo da feira a beira do río Esteiro, e á Virxe do Carme, no lugar de Soutomor.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Loiba

Lugares da parroquia de Loiba no concello coruñés de Ortigueira

O Aroxo | A Bidueira | Burreiros | O Cadaval | O Calvario | O Casal | Casanova | Casaqueimada | A Casilla | A Costa | A Estrada | O Fecellido | A Feira | Ferradás | Os Ferreiros | A Fervenza | Fontela | A Furadiña | A Grela | A Igrexa | Ladeiro | O Lagar | Lamacido | O Lombo | O Loureiro | Maciñeira | Montedónigo | Moreiras | Mourama | Muíños | Ourao | Outeiro | O Pazo | Penapicada | Penas do Lombo | A Penela | A Peneliña | O Picón | O Piñeiro | A Ponte | Os Portás | Pousada | A Pulgueira | Quelle | Os Ramos | Reparada | A Retorta | O Rosario | Rubido | Soutomor | Suaigrexa | Tras do Río | Xiloi

Parroquias de Ortigueira

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santalla) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads