atleta galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Lidia Parada Santos, nada na Pobra do Caramiñal o 11 de xuño de 1993, é unha atleta galega, especializada en lanzamento de xavelina, que foi catro veces campioa de España absoluta nesta especialidade e outras seis en categorías inferiores, ademais de campioa galega en varias ocasións.[2] Posúe a segunda mellor marca española da historia, cun lanzamento de 61,25 metros logrado en Xetafe en 2018.[3]
Parada no máis alto do podio no Campionato de España sub-23 (Durango, 2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1993 [1] A Pobra do Caramiñal, Galicia [1] |
País de nacionalidade | Española |
Altura | 1,74 m |
Peso | 70 Kg |
Actividade | |
Ocupación | deportista |
Deporte | Atletismo Lanzamento de xavelina |
Disciplina deportiva | Lanzamento de xavelina |
Adestrado por | Abelardo Moure |
Membro do equipo deportivo | Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza |
Compite polo club Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, onde é adestrada por Abelardo Moure,[4] no Campo Municipal de Deportes da Alta, en Cabío, A Pobra do Caramiñal.[5]
Como internacional, disputou diversas probas en categorías infantís. En categorías superiores, representou a España nos seguintes eventos deportivos:[6][7][8][9]
A súa estrea coa selección nacional absoluta produciuse nos Campionatos Iberoamericanos de atletismo, celebrados na cidade brasileira de São Paulo en 2014, no que quedou quinta,[12] e ese mesmo ano proclamouse subcampioa de España en categoría absoluta.
Foi campioa de España da categoría Sub-23 en 2014 no campionato celebrado en Durango, o seu sexto título nacional consecutivo.[12] Os cinco anteriores conseguiunos en diferentes categorías en Motril,[13] en Nerja,[7] en Xátiva,[4] en Avilés (2009) e en Mataró (2013), respectivamente.
En marzo de 2014 clasificouse na quinta posición na Copa de Europa de Lanzamentos de Inverno, en Leiria, Portugal, na proba de xavelina Sub-23. Quince días antes en León proclamárase subcampioa de España de inverno na categoría absoluta no Campionato de España de Lanzamentos Longos. No mesmo ano tamén foi subcampioa de España absoluta, en Alcobendas.
No verán de 2015 conseguiu por primeira vez a medalla de ouro no campionato de España absoluto de atletismo,[14][15] algo que non conseguía unha galega dende o ouro de Marta Míguez en 2002; sumando, ademais, a plusmarca española Sub-23 cun lanzamento de 59,03 m.[9][16] Revalidou o título en 2016,[17] 2017[18] e 2018, conseguindo neste último caso un lanzamento de 61,25 metros, a segunda mellor marca española da historia.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.