club de atletismo galego From Wikipedia, the free encyclopedia
A Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza é un club deportivo galego, situado na Pobra do Caramiñal, na rúa Ulla, 3-1ºD desta localidade. As súas actividades deportivas realízanse no Estadio da Alta, en Cabío.
Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza | |
---|---|
Tipo | club de atletismo |
Deporte | atletismo |
Data de fundación | 1985 |
Sede | A Pobra do Caramiñal |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Adscrito á Federación Galega de Atletismo, foi fundado en 1985 por Xosé Moure Muñiz, pai do exatleta e actual adestrador Abelardo Moure García. Na actualidade, Xosé Moure continúa a ser o seu presidente, e o seu fillo é o principal adestrador.[1]
Unha das principais competicións organizadas polo club é o Trofeo Atletismo Barbanza "Día das Letras Galegas", no Estadio da Alta, organizado polo club, a Federación Galega de Atletismo e o concello da Pobra do Caramiñal, e a colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e no que se realizan concursos de 100, 200 e 400 metros lisos; lanzamentos de vortex e xavelina, triplo salto e salto de lonxitude, en diferentes categorías de idades, e con participantes femininos e masculinos.[2][3]
Unha das máis destacadas deportistas do club é Lidia Parada.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.