From Wikipedia, the free encyclopedia
O triplo salto é unha proba olímpica de atletismo. A modalidade require unha combinación de velocidade e técnica do atleta.
O triplo salto consiste nunha combinación de tres saltos sucesivos que terminan coa caída nunha caixa ou foxo de area. A proba iníciase cunha carreira de impulso. O primeiro salto comeza co atleta saltando dende a táboa de batida sobre a súa perna de engalaxee remata aterrando na pista con esa mesma perna. No seguinte salto ou paso, o atleta inmediatamente salta coa perna de engalaxe aterra no chan coa perna oposta. No último salto, o saltador salta con esa mesma perna de non-engalaxe e cae na caixa de area corrixindo o equilibrio a través da rotación horizontal dos brazos. A fase de salto é moi semellante á de salto de lonxitude.
Unha "falta", tamén coñecida como "rabuñadura" ou salto perdido, acontece cando o saltador supera a marca de engalaxe da táboa de batida, perde o foxo totalmente, non segue a secuencia dos pasos correctamente ou non realiza o salto no tempo asignado (normalmente preto dun minuto).
O obxectivo do triplo salto é lograr a máxima distancia do taboleiro á area. Para facelo, un factor esencial consiste en que o atleta para preservar tanta velocidade dianteira logre ao principio do salto, na secuencia das 3 fases, transmitir todo o tempo unha parte considerábel da enerxía horizontal en enerxía vertical en cada fase.[1]. A medición da lonxitude realízase dende a pegada máis próxima deixada polo atleta na area até a táboa de batida. A táboa de batida está a 13 m do comezo do foxo de area para os homes e a 11 m para as mulleres, aínda que sempre hai a posibilidade de colocar táboas máis preto.
O triplo salto forma parte da competición olímpica desde a primeira edición moderna, en Atenas 1896. O primeiro campión olímpico da modalidade foi o estadounidense James Connolly. O Xapón dominou a modalidade entre Ámsterdam 1928 e Berlín 1936. O soviético Viktor Saneyev conquistou tres medallas de ouro olímpicas consecutivas entre 1968 e 1976. O 16 de xuño de 1985, o estadounidense Willie Banks saltou 17,97 metros en Indiana, EUA. Banks pediu palmas ao público para marcar o ritmo da súa carreira até o salto. O récord foi superado por Jonathan Edwards en 1995, con 18,29 m. A proba feminina estreouse nos Xogos de Atlanta en 1996, e o récord mundial foi establecido pola ucraína Inessa Kravets en 1995, con 15,50 m.
Un concurso estándar de triplo salto, está composto por seis intentos, os tres primeiros para tódolos atletas e os tres últimos para os oito mellor clasificados, denominados saltos de mellora. En caso de ser 8 ou menos atletas, todos pasarán á mellora. Gañará o atleta que mellor marca realice, en caso de empate comprobarase a segunda mellor marca de cada un deles e así sucesivamente.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.