político español From Wikipedia, the free encyclopedia
José Elduayen Gorriti, Marqués do Pazo da Mercé,[1] nado en Chinchón,[2] Comunidade de Madrid o 22 de xuño de 1823 e finado en Madrid o 24 de xuño de 1898, foi un enxeñeiro e político español, ministro de Facenda durante o reinado de Amadeu I, ministro de Ultramar e ministro de Estado durante o reinado de Afonso XII e novamente ministro de Estado e ministro de Gobernación durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xuño de 1823 Madrid, España |
Morte | 24 de xuño de 1898 (75 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Pereiró |
Senador do Reino | |
Gobernador civil da provincia de Madrid | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Circunscrición electoral: Q42899708 | |
Ministro de Relacións Exteriores | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | diplomático, político, enxeñeiro de camiños |
Partido político | Partido Liberal-Conservador |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica |
Foi fillo de José Elduayen y Garayoa e de Ángela Gorriti. Logo de obter a licenciatura en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos en 1844, dirixe as obras do Ferrocarril de Langreu que se converteu na terceira liña férrea inaugurada en España e a primeira con proxecto enteiramente español. Neses anos comezaba a súa carreira na función pública, como responsable de Obras Públicas en Xixón. En 1855 trasladouse a Vigo. Participou na creación da Compañía del Ferrocarril de Medina a Zamora y de Orense a Vigo (MZOV), asumindo desde 1865 o control total da empresa. Con base no negocio ferroviario creou unha ampla rede clientelar na provincia de Pontevedra.[3]
Foi pai adoptivo de Ángel Elduayen Mathet (1855-1927).
Casou o 25 de maio de 1856, en primeiras nupcias, con Carmen Martínez y Montenegro (1838-1895), filla de Francisco Javier Martínez Enríquez, marqués de Valladares, coa que tivo dúas fillas:
Enviuvou, Elduayen, e, en segundas nupcias, casou con Purificación Fontán y Pérez-Palma (c. 1844-1921),[4] bisneta de Buenaventura Marcó del Pont e filla de Ventura Fontán y Marcó del Pont, Administrador-Director do Real Sitio de El Buen Retiro e da súa fábrica de porcelana, marquesa do Pazo de la Merced.
Marqués do Pazo da Mercé[1] desde 1875,[5] militou no Partido Conservador co que concorreu ás eleccións de 1857 obtendo un escano no Congreso por Vigo. Nas sucesivas eleccións celebradas ata 1879 volverá a obter o escano por este distrito con excepción das eleccións de 1867 e nas de 1871, 1872 e 1873 cando foi deputado polo distrito da Cañiza.
En 1877 mercou o Castelo de Monterreal de Baiona,[7] onde levantou un palacete. O castelo sería vendido en 1924 por Ángel Elduayen Mathet ao asturiano Ángel Bedriñana Meana e vendido en 1966 ao estado español, e derrubado o palacete de Elduayen, para construír o Parador de turismo actual.[8][9]
En 1878 pasou ao Senado como senador vitalicio chegando a presidir a Cámara Alta entre 1896 e 1898.[10]
Foi ministro de Facenda entre o 26 de maio e o 13 de xuño de 1872 nun goberno que presidiu Francisco Serrano Domínguez, ministro de Ultramar en dúas ocasións: entre o 12 de febreiro de 1878 e o 7 de marzo de 1879, e entre o 9 de decembro de 1879 e o 19 de marzo de 1880 en gobernos de Antonio Cánovas del Castillo destacando nesta segunda etapa a promulgación da Lei de Abolición da escravitude en España que poñía fin ás prácticas escravistas aínda vixentes en Cuba. Posteriormente foi ministro de Estado en tres ocasións: entre o 19 de marzo de 1880 e o 8 de febreiro de 1881, entre o 18 de xaneiro de 1884 e o 27 de novembro de 1885, e entre o 19 de xaneiro e o 5 de marzo de 1896 en todas baixo a presidencia de Cánovas. Finalmente, entre o 23 de novembro de 1891 e o 25 de xuño de 1892 foi ministro de Gobernación noutro gabinete Cánovas.
Tamén foi gobernador civil de Madrid e gobernador do Banco de España entre 1877 e 1878.
Ó día seguinte do seu pasamento en 1898, e embalsamados os seus restos, foron trasladados en ferrocarril, canda os dos seus pais, da Estación del Norte de Madrid a Vigo, onde foron velados na antiga Casa do Concello da Praza da Constitución, e dende alí foron levados e depositados en senllos sepulcros nos laterais do interior da capela do Cemiterio de Pereiró, financiada polo propio Elduayen.[11]
Predecesor: Juan Francisco Camacho |
Ministro de Facenda 1872 | Sucesor:
|
Predecesores: Cristóbal Martín de Herrera Salvador Albacete |
Ministro de Ultramar 1879 - 1879 1879 - 1880 | Sucesores: |
Predecesores: Francisco de Borja Queipo de Llano Servando Ruiz Gómez Carlos Manuel O'Donnell |
Ministro de Estado 1880 - 1881 1884 - 1885 1896 | Sucesores:
|
Predecesor: Francisco Silvela y de la Vielleuze |
Ministro de Gobernación 1891 - 1892 | Sucesor: |
Predecesor: Pedro Salaverría |
Gobernador do Banco de España 1877-1878 |
Sucesor: Martín Belda y Mencía del Barrio |
En vida, os concellos de Baiona, Tui e Vigo (1887) adicáronlle o nome de senllas rúas.[12] O 23 de agosto de 1896 inaugurouse un monumento en Vigo, feito por subscrición popular, obra do escultor Agustí Querol i Subirats[13] e o arquitecto Jenaro de la Fuente Domínguez, que logo sería desprazado en dúas ocasións e está situado, actualmente, nos xardíns de Montero Ríos.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.