Juan Francisco Camacho de Alcorta, nado en Cádiz o 26 de setembro de 1813.[1][2] e finado en Madrid o 23 de xaneiro de 1896[3] foi un financeiro e político español, que destacou por ser ministro de Facenda durante o reinado de Amadeu I, a Iª República, o reinado de Afonso XII e maila rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena.
Nome orixinal | (es) Juan Francisco Camacho |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 16 de febreiro de 1813 Cádiz, España |
Morte | 23 de xaneiro de 1896 (82 anos) |
Gobernador do Banco de España | |
1891 – 1892 | |
Gobernador do Banco de España | |
outubro de 1883 – xaneiro de 1884 | |
Senador de España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Liberal-Conservador |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica |
Traxectoria
Nace nunha familia tradicionalista de pai gaditano e nai vasca. O pai foi Intendente Honorario de Provincia e, posibelmente, de aí viña a súa relación coa economía porque non se lle coñece formación nin carreira universitaria[4]. En 1832, tiña o rango de capitán nas Milicias Nacionais.[5]
Evolución política
De carácter moderado tivo unha evolución política notable pois foi membro da Unión Liberal case dende a fundación. Despois pasaría polo Partido Constitucional e a partir de 1880 afiliouse ao Partido Liberal, recentemente fundado. Despois de deixar o Partido Liberal pasou a militar no Partido Conservador.
Foi elixido deputado de Alacant entre 1853 e 1858, e por Valencia entre 1858 e 1871. En 1872 saíu senador por Ourense e Murcia e optou por Murcia[3]. Retornou nas eleccións xerais de 1876 ao Congreso dos Deputados por Alacant de novo (distrito de Alcoi)[6], aínda que en 1878, renunciou a ese escano para ser nomeado senador vitalicio.
Cargos
En 1857 foi nomeado Director Xeral do Tesouro baixo as ordes de Alejandro Mon y Menéndez. Foi ministro de Facenda en 5 ocasións e con diferentes réximes. Durante o reinado de Amadeo de Savoia, entre o 20 de febreiro e o 26 de maio de 1872 no goberno presidido por Sagasta. Repetiu o cargo dende o 13 de maio ao 3 de setembro de 1874, durante a Primeira República española no goberno do que foi presidente Juan Zavala de la Puente e dende o mesmo 3 de setembro ao 31 de decembro, cun novo goberno de Sagasta. Durante a Restauración, que levou ao trono de Afonso XII foi de novo ministro do goberno que presidía Sagasta (1881-1883) desde o 2 de novembro de 1881 ao 9 de xaneiro de 1883 e, finalmente, durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena, ocupou por última vez a carteira de Facenda entre o 27 de novembro de 1885 e o 2 de agosto de 1886, no goberno do que foi presidente de novo Sagasta.
Despois de mudar de partido e entrar no Partido Conservador, foi nomeado gobernador do Banco de España en dúas ocasións, entre 1883 e 1884 , e entre 1891 e 1892.
Actuacións
Entre as súas principais actuacións como ministro inclúen a creación en 1881, do Corpo de Avogados do Estado[7], a reorganización da Inspección das Finanzas Públicas e unha ventaxosa conversión da débeda pública en 1881, así como a reorganización dos ingresos públicos, como por exemplo: o establecemento dunha Contribución Industrial e do Comercio[7] que causaría a protesta de tódolos gremios e o seu proxecto de venda dos bosques nacionais, que tamén foi moi impopular e que provocaron protestas e unha forte oposición[8]; o restablecemento do imposto de Consumos (abolido na Gloriosa) e a creación do imposto de Dereitos Reais (antes denominado imposto hipotecario e imposto sobre traslacións do dominio)[7].
Cando en 1881 chega ao Ministerio de Facenda descatouse que o seu antecesor, o conservador Fernando Cos-Gayón, tiña xa elaborado un proxecto para arranxar o problema da débeda que acabou provocando a caída do goberno. Porén, Juan Francisco Camacho conseguiu sacalo adiante a final de ano. Foi a primeira reestruturación de débeda voluntaria e pactada -até entón todas as anteriores foran obrigadas- que se beneficiou da boa coxuntura internacional aproveitada polo ministro. O proxecto de conversión da débeda consistiu na reorganización dos títulos públicos e conseguiu diminuír o endebedamento do Estado e reducir fortemente as cargas financeiras. Así puido presentar o orzamento de 1882, por vez primeira, sen déficit.[9] Canto Camacho abandonou o ministerio, a débeda reducírase dun 200% do PIB (1879) a un 70% (1886).[9]
Tamén destacou como home de negocios e impulsor de diferentes iniciativas empresariais como a Sociedade Española Mercantil e Industrial, que era a corporación da casa Rothschild en España.[10] Foi Director xeral da Compañía Arrendataria de Tabacos durante un breve período no que tivo que facer fronte a un grave conflito coas traballadoras ao intentar aplicar medidas rigorosas; e tamén directivo da Compañía de Ferrocarril Madrid-Zaragoza.
Predecesor: Santiago de Angulo Ortiz de Traspeña José Echegaray Eizaguirre Manuel Orovio Echagüe Fernando Cos-Gayón y Pons |
Ministro de Facenda 1872 1874 1881 - 1883 1885-1886 |
Sucesor: José Elduayen Gorriti Pedro Salaverría y Charitu Justo Pelayo de la Cuesta Núñez Joaquín López Puigcerver |
Predecesor: Antonio Romero Ortiz |
Gobernadores do Banco de España 1883-1884 |
Sucesor: Francisco de Cárdenas Espejo |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.