Salvador Albacete y Albert, nado en Cartaxena o 4 de decembro de 1827 e finado en Madrid o 4 de agosto de 1890,[1] foi un político español, ministro de Ultramar, durante o reinado de Afonso XII.
Nome orixinal | (es) Salvador Albacete |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de decembro de 1827 Cartaxena, España |
Morte | 4 de agosto de 1890 (62 anos) Madrid, España |
Deputado das Cortes | |
5 de maio de 1886 – 29 de decembro de 1890 Circunscrición electoral: A Habana | |
Senador do Reino | |
1885 – 1886 Circunscrición electoral: Murcia (en) | |
Senador do Reino | |
1884 – 1885 Circunscrición electoral: Murcia (en) | |
Deputado das Cortes | |
10 de novembro de 1881 – 31 de marzo de 1884 Circunscrición electoral: Cartagena | |
Deputado das Cortes | |
10 de xuño de 1879 – 25 de xuño de 1881 Circunscrición electoral: Cartagena | |
Deputado das Cortes | |
27 de maio de 1879 – 1 de xullo de 1879 Circunscrición electoral: San Xoán | |
Ministro de Ultramar | |
15 de marzo de 1879 – 9 de decembro de 1879 | |
Deputado das Cortes | |
29 de marzo de 1876 – 31 de outubro de 1878 Circunscrición electoral: Arecibo | |
Datos persoais | |
Residencia | Calle de la Cruz, Madrid (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid (1849–) |
Ocupación | político, avogado |
Partido político | Partido Liberal-Conservador (década de 1870–) Partido Moderado (década de 1840–década de 1870) |
Membro de | |
Premios | |
Traxectoria
Durante quince anos, serviu no Corpo Administrativo da Armada, e entre outras funcións, foi oficial do vapor de guerra León. A continuación, licenciouse en dereito e conseguiu o cargo de Oficial de primeira e Oficial maior do Real Consello e despois formou parte do Consello de Estado. Dende 1863 ata 1868, tivo diversos cargos no Ministerio de Ultramar: xefe de sección, Director de Finanzas e Subsecretario dende 1865. Pouco despois pasou a ocupar a Secretaría de Intelixencia Xeral da Casa Real e Patrimonio, unha posición que deixou ao se producir a revolución de 1868[1].
Pertencía ao Partido Moderado e acompañou a Isabel II no seu exilio a París tras a Revolución de 1868[2]. Despois da restauración borbónica, regresou a España e foi elixido deputado por Arecibo (Porto Rico) nas eleccións xerais de 1876, por Cartaxena nas eleccións xerais de 1879 e 1881 e pola Habana nas de 1886[3]. Neste momento xa estaba vencellado ao Partido Conservador[4]. En 1875, foi nomeado Fiscal do Consello de Estado, despois conselleiro e máis tarde o Fiscal do Tribunal Supremo de España.
Foi un destacado defensor dos ingresos azucreiros de Cuba e Porto Rico, enfrontándose no parlamento, en 1878, aos proteccionistas pedindo rebaixas dos aranceis de exportación para o azucre cubano[5] e subas para os doutras procedencias.[6] Durante o goberno de Martínez Campos, foi nomeado ministro de Ultramar entre o 15 de marzo e o 9 de decembro de 1879[7][8], e dende o seu cargo como ministro propuxo unha serie de reformas para proporcionar unha maior autonomía a Cuba e impedir o desenvolvemento dos movementos de independencia pero non conseguiu os apoios suficientes para levalas a cabo[9]. Tamén presentou un proxecto de abolición da escravitude en Cuba que foi rexeitado rapidamente polos abolicionistas por insuficiente.[10]
Negociou con éxito o tratado comercial con Francia en 1882 polo que, despois, foi chamado para negociar o tratado comercial de 1884 con Estados Unidos[11].
En 1884-1885 e 1885-1886 foi senador pola provincia de Murcia[12] e o 11 de febreiro de 1885 foi nomeado gobernador do Banco de España,[12] cargo que ocupou ata a súa morte[2].
Recoñecementos
O 1 de xuño de 1886, foi elixido membro da Real Academia de Moral e Ciencias Políticas coa medalla nº5[13]. Recibiu, entre outras condecoracións, a Gran Cruz de Isabel a Católica, Gran Cruz de Carlos III, Comendador do nome de Carlos III, Cabaleiro da Espola de Ouro, Gran Cruz da Lexión de Honra, Medalla de Italia, e foi tamén nomeado Xentilhome de Cámara da súa Maxestade.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.