From Wikipedia, the free encyclopedia
A enxeñaría civil é unha rama da enxeñaría, que aplica os coñecementos de física, química, cálculo, xeografía e xeoloxía á elaboración de infraestruturas, obras hidráulicas e de transporte. A denominación "civil" débese á súa orixe diferenciada da enxeñaría militar.
Ten tamén un forte compoñente organizativo que logra a súa aplicación na administración do ambiente urbano principalmente, e frecuentemente rural; non só no referente á construción, senón tamén, ao mantemento, control e operación do construído, así como na planificación da vida humana no ambiente deseñado desde esta mesma. Isto comprende plans de organización territorial como prevención de desastres, control de tráfico e transporte, manexo de recursos hídricos, servizos públicos, tratamento de lixos e todas aquelas actividades que garanten o benestar da humanidade que desenvolve a súa vida sobre as obras civís construídas e operadas por enxeñeiros.
Os coñecementos necesarios para exercer de enxeñeiro civil son:
O seu campo de aplicación é moi amplo. Estarían, por exemplo, as infraestruturas do transporte:
As obras hidráulicas:
A intervención sobre problemas de estabilidade do terreo.
As estruturas que compoñen as obras anteriores.
En xeral, as obras de enxeñaría civil implican o traballo dunha gran cantidade de persoas (en ocasións centos e ata miles) ao longo de lapsos que abarcan desde unhas poucas semanas ou meses ata varios anos.
Debido ao elevado custo dos traballos que se acometen boa parte dos traballos que se realizan son para o Estado, ou ben para grandes compañías que pretenden a explotación dunha infraestrutura a longo prazo (autoestradas e túneles de peaxe, compañías de ferrocarril, etcétera). Con todo, as súas técnicas son tamén aplicadas para obras semellantes ás anteriores pero de menor escala, como poderían ser:
Ademais, son tamén competencia da enxeñaría civil:
Desta forma, a enxeñaría civil non se limita ás grandes obras de infraestrutura, moi raras debido ao seu elevado custo.
A enxeñaría civil é a aplicación dos principios físicos e científicos, e a súa historia está estreitamente vinculada aos avances no coñecemento da física e as matemáticas a través da historia. Debido a que o campo de aplicación da enxeñaría civil é moi amplo, incluíndo varias subdisciplinas, a súa historia está relacionada co estudo e a comprensión de estruturas, ciencia de materiais, xeografía, xeoloxía, chans, hidroloxía, ciencias ambientais, mecánica e outros campos.
Na antigüidade e na idade media, a maioría das construcións de obras arquitectónicas levou a cabo polos artesáns, como albaneis e carpinteiros, pasando a ser mestre de obras. O coñecemento mantívose nos gremios e de cando en cando cambiado polos avances que ían ocorrendo. Estruturas, camiños e a infraestrutura existente era repetitiva, e incrementaba en escala.[1]
Un dos primeiros exemplos do uso da física e as matemáticas aplicables ao uso da enxeñaría civil é o traballo de Arquimedes no século III a.C., incluíndo o principio de Arquimedes e a solución ao bombeo de auga grazas ao parafuso que inventou. Brahmagupta, un matemático indio, utilizou a aritmética no século VII d.C., baseado na numeración arábiga-hindú, para o cálculo do volume de escavacións.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.