Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O principio de Arquímedes é un principio físico que afirma que "un corpo total ou parcialmente somerxido nun fluído en repouso, recibe un impulso de abaixo cara a arriba igual ao peso do volume do fluído que desaloxa".
Esta forza [1] recibe o nome de impulso hidrostático ou impulso de Arquímedes, e mídese en newtons (no SI).
O principio de Arquímedes formúlase así:
Onde E é o impulso, ρf é a densidade do fluído, V o volume de fluído desprazado por algún corpo somerxido parcial o totalmente no mesmo, g a aceleración da gravidade e m a masa, deste modo, o impulso depende da densidade do fluído, do volume do corpo e da gravidade existente no lugar. O impulso (en condicións normais [2] e descrito de modo simplificado[3]) actúa verticalmente cara a arriba e está aplicado no centro de gravidade do fluído desaloxado polo corpo; este punto recibe o nome de centro de carena.
A anécdota máis coñecida sobre Arquímedes, matemático da antiga Grecia, conta como inventou un método para determinar o volume dun obxecto cunha forma irregular. De acordo con Vitruvio, arquitecto da antiga Roma, cando unha nova coroa, con forma de coroa triunfal, se fabricara para Hierón II, tirano gobernador de Siracusa, este pediulle a Arquímedes que pescudase se a coroa estaba feita de ouro puro ou se un ourive deshonesto lle agregara prata.[4] Arquímedes tiña que resolver o problema sen danar a coroa, así que non podía fundila e convertela nun corpo regular para calcular a súa densidade.
Mentres tomaba un baño, notou que o nivel da auga subía na bañeira cando entraba, e así deuse de conta de que ese efecto podería usarse para determinar o volume da coroa. Debido a que a compresión da auga sería desprezábel,[5] a coroa, ao mergullarse, desprazaría unha cantidade de auga igual ao seu propio volume. Ao dividir a masa da coroa polo volume da auga desprazada, poderíase obter a densidade da coroa. A densidade da coroa sería menor se outros metais máis baratos e menos densos se lle engadiran. Entón, Arquímedes saíu correndo espido polas rúas, de tan emocionado como estaba polo seu descubrimento como para esquecer vestirse, gritando Eureka! (en grego antigo: εὕρηκα, que significa 'encontreino!') [6]
A historia da coroa non aparece nos traballos coñecidos de Arquímedes, pero no seu tratado Sobre os corpos flotantes dá o principio de hidrostática coñecido como o principio de Arquímedes.
Aínda que o principio de Arquímedes se introduciu como principio (como o seu nome indica), de feito pode considerarse un teorema demostrábel a partir das ecuacións de Navier-Stokes para un fluído en repouso, mediante o teorema de Stokes (igualmente o principio de Arquímedes pode deducirse matematicamente das ecuacións de Euler para un fluído en repouso que á súa vez poden deducirse xeneralizando as leis de Newton a un medio continuo). Partindo das ecuacións de Navier-Stokes para un fluído:
(1)
A condición de que o fluído incompresíbel estea en repouso implica tomar na ecuación anterior , o que permite chegar á relación fundamental entre presión do fluído, densidade do fluído e aceleración da gravidade:
(2)
A partir desta relación podemos reescribir facilmente as forzas sobre un corpo mergullado en termos do peso do fluído desaloxado polo corpo. Cando se somerxe un sólido K nun fluído, en cada punto da súa superficie aparece unha forza por unidade de superficie perpendicular á superficie nese punto e proporcional á presión do fluído p nese punto. Se chamamos ao vector normal á superficie do corpo podemos escribir a resultante das forzas sinxelamente mediante o teorema de Stokes da diverxencia:
(3)
Onde a última igualdade dáse só se o fluído e incompresíbel.
Para un prisma recto de base Ab e altura H, somerxido en posición vertical, a demostración anterior é realmente elemental. Pola configuración do prisma dentro do fluído as presións sobre a área lateral só producen pulos horizontais que ademais se anulan entre si e non contribúen a sustentalo. Para as caras superior e inferior, posto que todos os seus puntos están somerxidos, respectivamente, á mesma profundidade, a presión é constante e podemos usar a relación Forza = presión x área e tendo en conta as resultantes sobre a cara superior e inferior, temos:
(4)
Onde é a presión aplicada sobre a cara inferior do corpo, é a presión aplicada sobre a cara superior e A a área proxectada do corpo. Tendo en conta a ecuación xeral da hidrostática, que establece que a presión nun fluído en repouso aumenta proporcionalmente coa profundidade:
(5)
Introducindo no último termo o volume do corpo e multiplicando pola densidade do fluído ρf vemos que a forza vertical ascendente FV é precisamente o peso do fluído desaloxado.
(6)
O impulso ou forza que exerce o líquido sobre un corpo, en forma vertical e ascendente, cando este está somerxido, resulta ser tamén a diferenza entre o peso que ten o corpo suspendido no aire e o "peso" que ten o mesmo cando se introduce nun líquido. Este último coñécese como peso "aparente" do corpo, pois o seu peso no líquido diminúe aparentemente; a forza que exerce a Terra sobre o corpo permanece constante, pero o corpo, á súa vez, recibe unha forza cara a arriba que diminúe a resultante vertical.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.