Remove ads
cantante español From Wikipedia, the free encyclopedia
Joan Manuel Serrat i Teresa, nado no barrio de El Poble-sec (Barcelona) o 27 de decembro de 1943, é un cantautor catalán. Trátase dunha das figuras máis destacadas da canción moderna tanto en lingua catalá como en castelán. A súa obra contén influencias doutros poetas como Mario Benedetti, Antonio Machado, Miguel Hernández, Rafael Alberti, Federico García Lorca, Pablo Neruda ou León Felipe; así como de xéneros diversos como o folclore catalán, a copla andaluza, o tango, o bolero e do cancioneiro popular da América Latina, con versións de cancións de Violeta Parra e Víctor Jara. É un dos pioneiros da Nova Cançó catalá. Joan Manuel Serrat é coñecido tamén cos alcumes de El noi del Poble-sec (o seu barrio natal) e o Nano na Arxentina.
Naceu no seo dunha familia obreira de pai catalán e nai aragonesa. Estudou peritaxe agrícola en Barcelona e en 1964 matriculouse na Facultade de Ciencias Biolóxicas. Nese mesmo ano participou nun programa de Radio Barcelona tocando coa guitarra unha das súas composicións, Miquel Porter escoita os seus temas e ofrecelle entrar en Els Setze Jutges, un grupo de cantautores que tiñan como función impulsar a Nova Canço e normalizar o uso do catalán, e gravar o seu primeiro disco que contén o tema "Una guitarra" que se faría coñecido en pouco tempo e que foi o primeiro cantautor da Nova Canço en facerse popular. Isto quedou confirmado no seu segundo disco Ara que tinc vint anys (1966), co terceiro disco, tamén de 1966, que contén temas como "Me’n vaig a peu'", "Paraules d’amor" e "Cançó de matinada" faise coñecido en toda España.
En 1967 celebra o seu primeiro recital en solitario no Palau de la Música. En 1967 publica o seu primeiro LP con cancións xa editadas previamente e outras novas como "Balada per a un trobador", "Els vells amants", "Els titelles", Cançó de bressol" (na que se inclúe unha estrofa popular, cantada en castelán, que lle trae as primeiras críticas nos sectores máis lingüisticamente puristas da canción) e "La tieta".
Cando Joan Manuel Serrat anuncia que cantará tamén en castelán, no seo da Nova Canço fórmanse dúas frontes irreconciliables, as que apoian o monolingüismo (Raimon, Quico Pi de la Serra, Maria del Mar Bonet) e as partidarias do bilingüismo (Guillermina Motta, Salvador Escamilla, Enric Barbat). Para algúns a elección de Serrat como representante de España para o Festival de Eurovisión foi un premio do réxime pola súa castelanización, receoso como estaba o réxime franquista do éxito das cancións catalás en todo o estado. Pero o final elixiuse a Massiel para representar a España, segundo a versión maioritariamente aceptada por negarse Serrat a cantar en castelán, quizais para recuperar o seu público máis catalanista, pero esta versión non ten en conta que Serrat xa gravara o tema (en castelán) e mesmo actuara no equivalente a un videoclip actual. O certo é que, despois diso, durante anos estivo vetado na TVE.
En 1969 realiza a primeira xira por América e alterna a gravación de cancións en catalán e castelán, aínda que co tempo será esta a lingua que predomine nas súas gravacións. En 1970 péchase no Mosteiro de Montserrat, con outros intelectuais, en protesta polo proceso de Burgos. Nese ano aparece o disco Serrat 4, para moitos o seu álbum máis maduro. Aínda que máis coñecido será "Mediterráneo" (1971). En 1973 volve aparecer na TVE e en 1974 grava Miguel Hernández, con textos deste autor. En 1975 logo dunhas declaracións feitas en México sobre os fusilamentos do mes de setembro anterior tivo que se manter no exilio durante un ano. En 1976 actúa en París e nese ano volta do exilio e fai unha xira triunfal polos barrios de Barcelona que ten o seu cumio nun recital no Palau d'Esports de Montjuïc. En 1977, despois de varios anos, aparece un disco en catalán, Res no és mesquí e en 1980 aparece Tal com raja.
En 1997 gravou con Juan Pardo o tema "Anduriña" no seu LP Alma Galega.
En 2011, foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona.[1] En 2024, recibiu o Premio Princesa de Asturias das Artes.[2][3]
A totalidade da súa discografía en disco de vinilo foi editada en CD en 1990, 2000 e 2007. O seu último disco de longa duración editado en formato vinilo foi Banda sonora d'un temps, d'un país.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.