cantante mallorquín From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan Ignacio Pardo Suárez, nado en Palma o 11 de novembro de 1942,[1] é un cantante galego de orixe mallorquina, máis coñecido como Juan Pardo.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan Ignacio Pardo Suárez 11 de novembro de 1942 (81 anos) Palma, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante, produtor musical, compositor, cantautor, pintor |
Período de actividade | 1962 - 2004 |
Membro de | |
Xénero artístico | Música lixeira, música pop e música rock |
Instrumento | Voz e guitarra |
Selo discográfico | Zafiro (–1971) Ariola Records (1971–1980) Hispavox (1980–) |
Compañeiro profesional | Antonio Morales Barretto: Juan y Junior |
Premios | |
| |
Aínda que é mallorquín de nacemento, Juan Pardo criouse en Ferrol. O seu pai, almirante da Armada, quería que Juan ingresase na Escola Naval, mais rexeitárono porque é daltónico. Estudou no colexo Tirso de Molina, dos padres mercedarios, en Ferrol.
Estivo casado coa cubana Emy de la Cal (1970-1983), con quen tivo dúas fillas: Teba Pardo (nada en 1971) e Lys Pardo (nada en 1975).[2]
A súa carreira profesional comezou nos Vándalos. Logo formou parte do grupo Los Pekenikes (1963). Máis tarde foi cantante en Los Brincos (1965). Aquí coñeceu a Antonio Morales, que 2 anos máis tarde marcharon do grupo e formaron o dúo Juan y Junior.
As súas discrepancias con Junior levaron á disolución do grupo comezando a súa carreira en solitario en 1969. Ninguén logrou superalo na lista de éxitos dese ano con "La charanga". Ten cancións en galego.
Juan Pardo dedicou unha gravación enteira á literatura galega no disco titulado Galicia, miña nai dos dous mares. Tendo en conta que se editou nunha época tan convulsa como mediados dos setenta, o traballo sorprendía pola claridade temática de cancións como "A fala e falade galego", baseado nunha poesía de Eduardo Pondal, "Na morte de Castelao" con versos de Ramón Cabanillas e incluso unha versión do Himno galego. Moi diferente dos seus inicios como estrela do pop estatal.
Varios cantantes de fala hispana gravaron os seus éxitos, como a española Rocío Jurado (coa que gravou a dúo, a súa canción "¿Por que me habrás besado?"), Yolanda Del Río, Manolo Galván etc. Entre as súas cancións, atópanse: "Abrazadito a la luna", "Gallo de pelea" ou "Anduriña". Ademais de cantante, é produtor e compositor.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.