Remove ads
nobre galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Froila Bermúdez, nado c. 1045 e finado no 1091, foi un nobre galego, primeiro dos membros da Familia Froilaz-Traba sobre o que existe ampla documentación. Tomou parte nos principais acontecementos da parte final do reinado de Fernando I, do de García II e no comezo do de Afonso VI.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1045 Traba, España |
Morte | 27 de marzo de 1091 (45/46 anos) Cospeito, España |
Actividade | |
Carreira militar | |
Conflito | batalla de Zalaca |
Outro | |
Título | Conde |
Familia | Casa de Traba |
Cónxuxe | Elvira Méndez de Faro |
Fillos | Hermesenda Froilaz, Adosinda Froilaz, Gonzalo Froilaz de Traba, Pedro Froilaz de Traba, Munia Froilaz, Rodrigo Froilaz, Visclávara Froilaz |
Pai | Vermudo Froilaz |
Froila Bermúdez aparece tamén nos diplomas históricos como Froila Vermuiz de Trasancos, facendo referencia ao seu señorio nas terras de Trasancos e como Froilani Petriz Vermudiz, aludindo ao patronímico da súa familia, o clan dos Petriz[1]. Os seus dominios abranguían un extenso territorio na área noroccidental do reino galego, onde foi o probábel fundador do Mosteiro de Santa María de Xanrozo en Betanzos[2]. A súa figura documéntase xa arredor do ano 1060 presidindo litixios xudiciais noutro cenobio, o de San Martiño de Xuvia en Narón, onde era considerado polos monxes como dominus noster[3].
Foi un importante vasalo do rei García II, ao que puido mesmo acompañar no seu período de desterro na Taifa de Sevilla[4]. Os seus feitos de armas durante as guerras do rei cos seus irmáns Afonso e Sancho son recollidos no nobiliario do conde de Barcelos, do século XIV, se ben o manuscrito confunde a Froila Bermúdez (1045-1090) co seu fillo Rodrigo Froilaz (?-1133)[5]. No texto épico portugues o conde Froila (Rodrigo Frojaz) é presentado como un grande guerreiro e principal valedor e conselleiro do rei García[6].
Cando, no acto final da guerra civil, García é aprisionado baixo engano polo seu irmán Afonso VI, o conde tivo que someterse e aceptouno como rexente do reino galego, non como rei[7][8]. Este feito, recollido nos tombos do mosteiro de Xuvia, fai sospeitar a algún historiador que a crianza do seu fillo Pedro Froilaz na corte leonesa foi en calidade de refén[9]. Con todo, acompañou a Afonso VI na batalla de Zalaca contra os almorábides da que saíu milagrosamente ileso e como agradecemento doou ao mosteiro de Xuvia a vila de Domirón[10] en Trasancos[11].
O conde Froila faleceu o 27 de marzo de 1091 na vila de Cospeito, durante unha visita ao seu fillo Gonzalo, bispo de Mondoñedo[7]. Foi soterrado no Mosteiro de San Martiño de Xuvia[12].
Morreu o Fillo de Deus, Froila, fillo de Bermudez, na era de ICXVIIII (ano 1091) que foi VI feira (venres), a primeira hora, aquí, na vila de Cospeito, na beira do río Miño, o terceiro día das Kalendas de marzo (27 de marzo), e foi conducido ao lugar de S. Martiño polas mans do bispo Gonzalo e doutros bispos, o abade Donnino e os seus fillos D. Pedro e D. Rodrigo e outros moitos de nobre estirpe. Foi sepulto nese lugar o día do domingo á hora terza, diante dá porta da igrexa de Santa María nun túmulo sito á dereita da porta da igrexa, a rente doutro túmulo sito á esquerda.
Alí descansa en paz con Deus e os santos polos séculos dos séculos. Amén. Amén. —Inscrición (traducida do latín) sobre a tumba de Froila Bermúdez no Mosteiro de Xuvia[13] |
A ascendencia de Froila Bermúdez emparenta coa mais antiga nobreza do Reino de Galiza. Pode ser trazada desde o conde Hermenexildo Guterrez, mordomo do rei Afonso III e conquistador de Coímbra no ano 878, até o seu propio pai Bermudo, falecido arredor do 1060. Bermudo Froilaz e a súa esposa Dona Lupa Rodríguez, pais de Froila, están soterrados xunto ao seu fillo no mosteiro de San Martiño de Xuvia.
Casou con Elvira de Faro, filla de Mendo Bermúdez de Faro e Aldara Gutérrez de Aranga[14]. Con este matrimonio a familia Froilaz incorporou ao seu patrimonio as terras de Faro[15] e o castelo de Aranga co seu couto xurisdicional[16][17]. A súa numerosa descendencia, tivo sete fillos, estendeu a influencia da liñaxe Froilaz-Traba, a cal chegou a acadar un enorme poder económico e político en todo o norte da Península Ibérica durante os séculos posteriores.[18]
Do primeiro matrimonio naceron os seguintes fillos:
En segundas nupcias, Froila desposou a unha nobre chamada dona Lucia da que non se conserva información. Deste segundo casamento tivo a:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.