Remove ads
parroquia civil do concello de Laxe From Wikipedia, the free encyclopedia
Santiago de Traba é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Laxe na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 482 habitantes (253 homes e 229 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 658 habitantes.
Traba | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Traba. | |
Concello | Laxe[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°10′52″N 9°02′07″O |
Poboación | 482 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 16[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A orixe do topónimo podería estar no substantivo latino tabula (táboa, referido neste caso á chaira cadrada onde se atopa a vila e onde houbo un castelo medieval)[2]
A liñaxe dos Traba, poderosa familia nobre do antigo Reino de Galiza, era orixinaria desta parroquia, onde existiu un castelo medieval[2].
A igrexa de Santiago de Traba foi construída orixinalmente a finais do século XII, pero foi reformada posteriormente. Na fachada barroca con aspecto renacentista destacan as columnas salomónicas, a figura de Santiago Matamouros e a imaxe da Virxe na Ascensión, flanqueada por San Francisco, San Pedro e Adán e Eva.
Lugares da parroquia de Traba no concello de Laxe (A Coruña) | |
---|---|
Agravil | Boaño | A Cabanela | O Campo dos Bois | O Campodorreiro | O Canle | O Carballal | Cernado | A Costa | Cuíña | Os Foxiños | As Melgueiras | Mórdomo | Socasas | Tella | Tras do Río |
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Laxe | |
---|---|
Laxe (Santa María) | Nande (San Simón) | Sarces (San Amedio) | Serantes (Santa María) | Soesto (Santo Estevo) | Traba (Santiago) |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.