nobre galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Munia Froilaz (Monia Froylaz), nada en Traba (Laxe) cara a 1080 e finada despois de 1147, foi unha nobre galega da Baixa Idade Media, pertencente á familia Froilaz-Traba[1].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | década de 1080 (934/944 anos) Traba, España |
Morte | 1147 |
Lugar de sepultura | Mosteiro de San Salvador de Pedroso |
Outro | |
Título | Monia Froylaz |
Familia | Familia Froilaz-Traba |
Cónxuxe | Paio Méndez |
Pais | Froila Bermúdez e Dona Lucia |
Irmáns | Lista
|
Filla de Froila Bermúdez de Trasancos e a súa segunda esposa Dona Lucía, e irmán, entre outros, do Conde de Galiza, Pedro Froilaz e do bispo de Mondoñedo Gonzalo Froilaz.
Herdeira dun importante patrimonio[2], Munia Froilaz casou co magnate territorial Paio Méndez, propietario da maior parte das facendas situadas entre Ortigueira e Valdoviño[3]. Deste matrimonio naceron dous fillos, o primeiro, de nome descoñecido, morreu afogado no mar da Xoiva, denominación que recibía naquela altura a ria de Ferrol. Para honrar a súa memoria Munia construíu, xunto ao seu marido, un mosteiro baixo a advocación de San Salvador na vila, herdada do seu avó Bermudo, chamada Vineola e que hoxe é o o lugar de Pedroso[4]. Paio Méndez non chegou a ver rematado o mosteiro pois faleceu arredor do ano 1110, xa ben avanzada a obra, testando a favor da súa esposa, que investiu o legado na finalización do cenobio[5]. A este Mosteiro de San Salvador de Pedroso, finalmente fundado no 30 de xuño de 1111, Munia Froilaz doou xunto aos seus irmáns (os bens dos Froilaz estaban mancomunados e requirían do común consentimento para a súa cesión[6]), extensas propiedades recollidas no acta fundacional do mosteiro. Este documento foi asinado tamén por algúns dos máis destacados señores, laicos e relixiosos, da época, como Diego Xelmírez bispo de Compostela[7].
Nos anos seguintes, o mosteiro recibiu abondosas doazóns do clan Froilaz[8] e no ano 1120 o rei de Galiza Afonso VII concedeulle un couto xurisdicional que el mesmo ampliou no ano 1128[9][10][11]. Os dous documentos de acoutamento van dirixidos polo monarca directamente a Munia Froilaz, testemuñando no documento o afecto que sentía por ela. É moi posíbel que esta tivese tido contacto co rei durante a súa infancia, pois esta transcorreu baixo a protección dos Traba e dentro dos seus dominios[12].
Nos anos posteriores á fundacióń do mosteiro, e antes do 1114[13], faleceu tamén a segunda filla de Munia e Paio, Mariña Páez. Munia legou entón todas as súas restantes propiedades ao mosteiro de San Martiño de Xuvia e ingresou nel como relixiosa, uníndose á súa irmá Visclávara[13]. Anos máis tarde, no momento no que foron suprimidos o mosteiros dúplices[14], pasou a residir en Piadela (Betanzos), nunha vila cedida polo bispo Xelmírez[13]. Faleceu entre novembro do ano 1147 e o 1148, sendo sepultada, conforme ao seu desexo, diante do altar maior do mosteiro de Pedroso[8][15].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.