estrutura para facer ofrendas e cultos relixiosos, xeralmente en forma de mesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Un altar (do latín altar, derivado de altum) é un montículo, pedra ou construción consagrado ao culto ou á devoción. O altar era, na Antigüidade, ben un lugar elevado (na súa orixe simples montículos de terra ou pedras), ou unha táboa colocada sobre uns chanzos, no que se depositaban algunhas ofrendas e/ou se celebraban os sacrificios (cruentos ou non), á divindade.
Durante séculos o altar foi o elemento máis importante da casa, ante o que a familia efectuaba as súas devocións e, progresivamente, fóronse instalando en lugares expresamente dedicados ao culto e centralizándose.
En principio estaba constituído por unha especie de moble de madeira, máis ou menos traballada, que se podía desprazar para os oficios (os primeiros lugares de culto non eran, necesariamente, lugares específicos dedicados ao mesmo).
Foi a partir do século IV cando os altares empezaron a colocarse na ábsida, máis tarde, cara ao século XII, o altar permanecía inamovible utilizándose, para o seu confección, a pedra ou materiais nobres como o mármore. Xeralmente, o altar, cubría un sepulcro selado que contiña as reliquias dos mártires.
Os altares tiñan que ter sempre, no lugar no que se gardaban a hostia ou o cáliz, unha pedra de consagración (ara). Os Altares Maiores están decorados, xeralmente, con retablos máis ou menos elaborados.
Nos primeiros séculos o altar estaba no centro do presbiterio e o oficiante estaba de cara aos fieis; servía para dispoñer, sobre el, os obxectos rituais e de culto e para dar maior relevancia ao oficiante (normalmente un sacerdote) de maneira que quedase separado do resto dos asistentes ao oficio e subliñar o seu contacto máis directo coa divindade.
No cristianismo, por exemplo, componse normalmente dunha mesa onde o sacerdote ora e dunha serie de elementos simbólicos como unha cruz latina (con ou sen a figura de Xesucristo), ou unha vea representando o principio e o fin coas letras alfa e omega.
Un altar pódese dedicar a un deus, un santo ou personaxe relevante dunha crenza ou a unha persoa.
A Igrexa Católica adoptounos desde a súa orixe para a celebración da misa pero ata o século III debeu servirse de mesas comúns de madeira (aínda que non exclusivamente), segundo afirman os historiadores e se infire das dúas que se din foron utilizadas por San Pedro en Roma. Chegado devandito século, se non antes e sen abandonar completamente os usos orixinais, constituíuse o altar co sepulcro dalgún mártir colocando encima del unha gran lápida a modo de mesa.
Nas catacumbas de Roma áchanse indicios de catro formas de altares:
Desde a paz constantiniana, construíronse altares de maiores dimensións que os movibles e acaroados, dándolles a forma de mesa rectangular sostida por unha columna central ou por catro nos extremos e colocándoos no medio da ábsida ou presbiterio das basílicas, sempre sobre algún sepulcro de mártir, ata que no século VII empezou a encerrarse neles só algunhas reliquias de diferentes mártires, como hoxe é costume. Con algunha frecuencia aproveitábanse as mesmas aras que pertenceron aos xentís, poñéndoas como sostén dos altares cristiáns, segundo o demostran algúns exemplares que hoxe existen.
Durante a Idade Media seguiu o altar coas mesmas formas descritas, xa sexa prismática, xa imitando un sepulcro xa de mesa cunha ou máis columniñas e case sempre labrados en pedra, polo menos, desde o século IV. Desde o seguinte, fixéronse raras as criptas debaixo do altar e entón colocábanse reliquias nunha pequena cavidade aberta no soporte central da mesa ou nesta mesma, envolvéndoas antes nun lenzo fino e encerrándoas nunha botelliña de vidro ou caixa de madeira, selada polo bispo consagrante do altar.
A liturxia católica permite celebrar misas en cada unha das capelas dunha igrexa, cada unha co seu propio altar, polo que o principal recibe o nome de altar maior.
O altar maior de cada igrexa continuou situado na ábsida principal ou cabeceira e en posición illada. Pero ao adoptarse os retablos na época románica e sobre todo, ao tomar estes gran desenvolvemento nos séculos XIV e seguintes, tívose que arrimar ao altar na maioría das igrexas, deixando de estar accesible por todos os lados.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Altar |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.