Bermudo Froilaz

nobre galego, conde de Traba From Wikipedia, the free encyclopedia

Bermudo Froilaz, chamado "Manido", foi un nobre galego do século XI vinculado á terra de Trasancos.

Datos rápidos Biografía, Lugar de sepultura ...
Bermudo Froilaz
Biografía
Lugar de sepulturaMosteiro do Couto
Conde de Traba
Outro
TítuloConde
FamiliaCasa de Traba
FillosFroila Bermúdez

WikiTree: Fruelaz-3
Pechar

Traxectoria

Ábsidas do mosteiro de Xuvia, na Terra de Trasancos. Lugar de soterramento de Bermudo Froilaz e outros membros da Liñaxe Froilaz-Traba. Os Traba posuían o dereito de presentación do mosteiro, é dicir, o dereito a nomear o abade do mesmo.

O seu bisavó foi Froila González (f. 1017), aliado de Almanzor na súa razzia á Compostela do ano 997, e condenado ao desterro polo rei Afonso V. O dous avós de Bermudo Froilaz foron fillos de Froila González: Gonzalo Froilaz, pai de Eneca González (Eneca Gundisalviz); e Rodrigo Froilaz, pai de Froila Rodríguez (Froila Roderici). Os dous fillos de Gonzalo e Rodrigo, os curmáns Eneca e Froila, foron os pais do conde Bermudo[1].

Bermudo Froilaz casou en primeiras nupcias coa aristócrata Guntronda de Riveira, filla do conde Adoino de Riveira[2], e posteriormente con Dona Lupa Rodríguez, falecida no 1071. Deste segundo matrimonio tivo dous fillos: Lucia Bermúdez e Froila Bermúdez. A través da descendencia do conde Froila Bermúdez naceu a, denominada pola historiografía, casa de Traba. Liñaxe nobre do Reino de Galiza de enorme poder económico e político en todo o norte da Península Ibérica durante os séculos XI e XII[3].

Esta soterrado xunto a súa segunda esposa e o seu fillo Froila no Mosteiro de San Martiño de Xuvia[4].

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.