O Wells Fargo Center (antigamente coñecido coma CoreStates Center, First Union Center e Wachovia Center, e alcumado polos afeccionados coma The Big House, The Wack, The F.U. Center e The Loud House) é un pavillón deportivo situado en Filadelfia, Pensilvania, Estados Unidos. Xogan alí coma local os Philadelphia 76ers da NBA, os Philadelphia Flyers da NHL, Philadelphia Wings da NLL e Philadelphia Soul da AFL.
Wells Fargo Center | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 39°54′04″N 75°10′19″O |
Localización | 3601 S Broad St. Filadelfia, Pensilvania 19148, Estados Unidos |
Construción | |
Inauguración | 31 de agosto de 1996 |
Arquitecto | Ellerbe Becket |
Estadio | |
Superficie | Multi-superficie |
Capacidade | Baloncesto: 21.600 Hóckey: 19.519 |
Propietario | Comcast Spectacor |
Operadora | Comcast Spectacor |
Localía | Philadelphia 76ers (NBA) (1996-presente) Philadelphia Flyers (NHL) (1996-presente) Philadelphia Wings (NLL) (1997-presente) Philadelphia Soul) (AFL) (2004-presente) |
Web | http://www.wellsfargocenterphilly.com/ |
Eventos | |
All-Star Game da NBA (2002) Mundial de Hóckey (1996) AHL All-Star Classic (1999) | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
O pavillón foi inaugurado o 31 de agosto de 1996 onde antes estivo o John F. Kennedy Stadium, e tivo un custo de 210 millóns de dólares, aínda que foi financiado tanto por empresas privadas coma pola cidade de Filadelfia coma polo estado de Pensilvania. O pavillón está incluído no suerest do complexo deportivo South Philadelphia que inclúe o Lincoln Financial Field, Citizens Bank Park, e o anterior pavillón, The Spectrum.
Entre 1996 e 1998 o pavillón foi chamado CoreStates Center polo contrato que tiña co CoreStates Bank, que aceptou pagar 40 millóns en 21 anos para ter os dereitos do nome do pavillón coa condición de estar 8 anos máis alí unha vez rematado o contrato. En 1998 produciuse unha unión entre CoreStates Bank e First Union Bank polo cal o pavillón levou desde 1998 ata 2003 o nome First Union Center, alcumado coma F.U. Center polos afeccionados, e debido a isto o recinto foi renomeado coma First Union National Center, ao que algúns deportistas, como o caso de Brantt Myhres, xogador de Philadelphia Flyers, dixo que o nome soaba coma un circo. No F.U. Center os Sixers xogaron a súa primeira final na NBA fronte a Los Angeles Lakers.
En 2003 First Union uniuse co Wachovia Bank, que é a entidade que dá nome ao actual pavillón. Debido ao lockout da NHL na tempada 2004-05, os Philadelphia Phantoms, equipo afiliado aos Flyers da NHL, tiveron que xogar os seus partidos no Wachovia Center xa que o xeo do seu pavillón, o Wachovia Spectrum, estaba inhabilitado.
O pavillón rexistrou un récord de asistencia nun partido universitario en febreiro de 2006 nun partido que enfrontou a Villanova e UConn.
Algúns dos grandes concertos que foron organizados no Wachovia foron de AC/DC, Aerosmith, Christina Aguilera, Alice in Chains, Barenaked Ladies, Beyoncé, Blink-182, Bon Jovi, David Bowie, Garth Brooks, Brooks & Dunn, Mariah Carey, Ray Charles, Eric Clapton, Coldplay, Crosby, Stills, Nash & Young, Miley Cyrus, Dave Matthews Band, Neil Diamond, Celine Dion, The Eagles, Fleetwood Mac, Genesis, George Michael, Grateful Dead, Green Day, Janet Jackson, Jay-Z, Billy Joel, Elton John, KISS, Korn, Avril Lavigne, Madonna, Barry Manilow, Paul McCartney, Metallica, New Kids on the Block, Stevie Nicks, Nine Inch Nails, Oasis, Pearl Jam, Tom Petty & The Heartbreakers, Phil Collins, Phish, The Police, Prince, Red Hot Chili Peppers, The Rolling Stones, Rush, Simon and Garfunkel, Britney Spears, Spice Girls, Bruce Springsteen, Gwen Stefani, Barbra Streisand, Justin Timberlake, Shania Twain, U2, Van Halen, Velvet Revolver, Roger Waters, The Who, Steve Winwood, Stevie Wonder, e Yanni, entre outros. O concerto inaugural foi o 2 de setembro de 1996, onde tocou Oasis con Manic Street Preachers e Screaming Trees. Ao redor de 12.000 persoas asistiron ao concerto.
O 1 de agosto de 2006, Comcast-Spectacor anunciou que instalaría un novo videomarcador central, substituíndo ao antigo de Daktronics.
Eventos
- Mundial de Hóckey, 1996
- WWF In Your House 10: Mind Games, 1996
- NHL Stanley Cup Finais, 1997
- Campionato NLL, 1998
- AHL All-Star Classic, 1999
- WrestleMania XV, 1999
- Final Four NCAA Feminina, 2000
- WWF Unforgiven 2000
- Republican National Convention, 2000
- Torneo NCAA, East Regional, 2001
- Finais da NBA de 2001
- All-Star Game da NBA 2002
- X Games, 2002
- X Games, 2003
- WWE Royal Rumble 2004
- The West Wing, 2004-05
- AHL Calder Cup Finais, 2005
- Torneo NCAA, 1ª e 2ª rolda, 2006
- WWE Survivor Series 2006
- WWE Night of Champions 2009
Véxase tamén
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Ligazóns externas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.