Grateful Dead foi unha banda estadounidense de rock formada en 1965 en Palo Alto, California. O grupo foi coñecido polo seu estilo ecléctico único, que fusionaba elementos de rock, folk, bluegrass, blues, reggae, country, jazz improvisado, psicodelia e space rock, e polas súas actuacións ao vivo con lonas improvisacións musicais. Grateful Dead leva vendidos máis de 35 millóns de discos en todo o mundo.
Grateful Dead | |
---|---|
Orixe | Palo Alto, California, |
Período | 1965 - 1995 |
Xénero(s) | rock |
Selo(s) discográfico(s) | Warner Bros., Grateful Dead, Arista, Rhino |
Membros | Jerry Garcia Bob Weir Phil Lesh Bill Kreutzmann Ron "Pigpen" McKernan Robert Hunter Mickey Hart Tom Constanten Keith Godchaux Donna Jean Godchaux Brent Mydland Vince Welnick |
Na rede | |
http://www.dead.net/ | |
Os membros fundadores de Grateful Dead foron Jerry Garcia (guitarra, voces), Bob Weir (guitarra, voces), Ron "Pigpen" McKernan (teclados, harmónica, voces), Phil Lesh (baixo, voces) e Bill Kreutzmann (batería). Os membros de Grateful Dead tocaran xuntos en varias bandas de San Francisco, como Mother McCree's Uptown Jug Champions e The Warlocks. Lesh foi o derradeiro músico en unirse a The Warlocks antes de que se convertesen en Grateful Dead; substituíu a Dana Morgan Jr., que tocara o baixo nun feixe de concertos. Coa excepción de McKernan, que morreu en 1973, o núcleo da banda estivo xunto durante os seus 30 anos de carreira.
Discografía
Álbums
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
The Grateful Dead | 1967 | Warner Bros. Records |
Anthem of the Sun | 1968 | Warner Bros. Records |
Aoxomoxoa | 1969 | Warner Bros. Records |
Live/Dead | 1969 | Warner Bros. Records |
Workingman's Dead | 1970 | Warner Bros. Records |
American Beauty | 1970 | Warner Bros. Records |
Grateful Dead | 1971 | Warner Bros. Records |
Europe '72 | 1972 | Warner Bros. Records |
History of the Grateful Dead, Volume One (Bear's Choice) | 1973 | Warner Bros. Records |
Wake of the Flood | 1973 | Grateful Dead Records |
From the Mars Hotel | 1974 | Grateful Dead Records |
Blues for Allah | 1975 | Grateful Dead Records |
Steal Your Face | 1976 | Grateful Dead Records |
Terrapin Station | 1977 | Arista Records |
Shakedown Street | 1978 | Arista Records |
Go to Heaven | 1980 | Arista Records |
Reckoning | 1981 | Arista Records |
Dead Set | 1981 | Arista Records |
In the Dark | 1987 | Arista Records |
Dylan & the Dead | 1989 | Columbia Records |
Built to Last | 1989 | Arista Records |
Without a Net | 1990 | Arista Records |
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.