Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Eric Patrick Clapton, alcumado "Slowhand" (man lenta), nado o 30 de marzo de 1945 en Ripley, Surrey, Reino Unido, é un guitarrista, vocalista e compositor, e un dos máis respectados e influentes músicos do rock, polas súas contribucións coa guitarra eléctrica (en especial coa súa guitarra Stratocaster a diversos xéneros musicais, coma ao blues, ao rock psicodélico, ao rock ou ao hard rock. Tocou en numerosos grupos (tales como The Yardbirds, Cream ou Blind Faith, e mesmo tivo unha importante carreira en solitario) dende o comezo da súa carreira musical, no ano 1962. É considerado un dos mellores guitarristas e un dos músicos máis respectados e influentes de tódolos tempos.
O seu estilo musical sufriu múltiples cambios ao longo da súa carreira, pero as súas raíces sempre estiveron no blues. Clapton foi considerado un músico innovador en varias fases da súa carreira, que inclúe o blues rock (con John Mayall & the Bluesbreakers, The Yardbirds e Derek and the Dominos) e o rock sicodélico (con Cream).
En outubro de 1963 Clapton uniuse a The Yardbirds, unha banda de rock and roll con influencias do blues, e estivo no grupo ata marzo de 1965. Sintetizando influencias do blues de Chicago e de guitarristas como Buddy Guy, Freddie King e B. B. King, Clapton creou un estilo distintivo e rapidamente converteuse nun dos guitarristas dos que máis se falaba na escena musical británica. A banda comezou a chamar a atención e fíxose cun bo número de seguidores cando se ocuparon da residencia no Crawdaddy Club en Richmond. Xiraron por Inglaterra co bluesman estadounidense Sonny Boy Williamson II e un disco onde traballaban xuntos foi lanzado en 1965.
En marzo de 1965 The Yardbirds conseguiron o seu primeiro grande éxito, "For Your Love", no cal Clapton tocaba a guitarra. The Yardbirds elixiron moverse cara a un son máis orientado ao pop, en parte debido ao éxito de "For Your Love", composta polo compositor contratado Graham Gouldman, que tamén escribira temas para Herman's Hermits e The Hollies. Xa que musicalmente prefería o blues, Clapton opúxose ao cambio e deixou a banda. Recomendou ao seu amigo guitarrista Jimmy Page para que ocupase o seu posto, pero Page nese momento non estaba disposto a abandonar a súa lucrativa carreira como músico de estudio independente, polo que este recomendou a Jeff Beck.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.