Fernando II, nado cara ao 1137 e finado en Benavente, o 21 de xaneiro de 1188, foi rei de León e Galiza entre 1157 e 1188. Restaurador da coroa de León. Coñecido nos Anales Camaracenses como emperador de Galicia. Está enterrado no Panteón Real da capela das reliquias da catedral de Santiago de Compostela.

División da coroa

Thumb
Tumba do rei Fernando II, en Santiago.

O seu pai Afonso VII confiou a súa educación ao líder da nobreza galega o conde D. Fernán Pérez de Traba, da mesma familia que o tutelara a el cando neno. Isto propiciou a presión galega por dividir a coroa. A rivalidade entre as igrexas de Santiago de Compostela e Toledo tamén contribuíu a que Afonso VII deixase a Sancho Castela e Toledo e a Fernando Galiza e León.

Así, xa desde 1151 é asociado ó trono por seu pai, con seu irmán Sancho, polo que en documentos de Galiza e León é habitual a súa confirmación co título de rei ou rei de Galiza.[lower-alpha 1]

Nun concilio iniciado en Valladolid no ano 1155, acordáronse os termos da división dos Estados de seu pai, que aínda vivía. Alí designáronse baixo a súa soberanía os reinos de Galiza e León, agás a Terra de Campos, Sahagún e Asturias de Santillana.

As fronteiras do Reino de Galicia

Viuse obrigado a fixar as fronteiras entre o Reino de Galicia e o recentemente independente Reino de Portugal. Este novo reino mantiña a dominación da Limia, Tui, Turonio e Vigo. Isto provocou intermitentes conflitos bélicos ata a recuperación para o Reino de Galicia dos devanditos territorios mediante a paz asinada en Pontevedra con Afonso Henriques[Cómpre referencia].

Por outra banda, fixou no tratado de Sahagún as fronteiras entre León e Castela con Sancho III, así como o recoñecemento do avance galaico-leonés por Estremadura.

Renacemento urbano

Favoreceu un auténtico renacemento urbano mediante a concesión de foros municipais a vilas como Lugo, Pontevedra, Tui, Padrón, Noia e Ribadavia. Deste xeito, as cidades acadarían un protagonismo punteiro na Galicia do século XII, ceibándose de poderes señoriais e eclesiásticos.

Así mesmo, continxentes galegos saíron para repoboar as terras salmantinas. Feito que se reflicte, aínda hoxe, na toponimia desas bisbarras.

A Igrexa galega

Favoreceu á sé arcebispal de Santiago de Compostela como capital eclesiástica dos seus estados, que ademais tiña como dependentes a varias sés portuguesas. Outorgou unha pensión vitalicia ao mestre Mateu, o máis prestixioso escultor da época, para dar un pulo decisivo ás obras da catedral. Nesta onda crecente da arquidiócese compostelá inscríbese a concesión do ano santo xubilar compostelán polo Papa Alexandre III (Bula Regis Aeterni). Era arcebispo D. Pedro Suárez de Deza.

Ordes militares

Ao seu reinado pertence tamén o nacemento da Orde militar de Santiago, cuxo arcebispo lle doa unha bandeira con cruz en forma de espada e nomea cóengo da catedral ao Mestre da Orde.

Notas

  1. "Tenente Gallicie rex Fernandus", 1152 (Colección diplomática de San Martín de Jubia (977-1199). Santiago, 1935); "Adefonsus Ymperator, una cum coniuge sua dona Riga dominante regnante in tota Yspania. Sancius rex in Castella. Fredenandus rex in Galicia. Urraka regina in Asturias", (Colección diplomática del monasterio de Villanueva de Oscos. Oviedo, 1981, doc. 5); "Imperatoris Adefonsus, regis Fernandi imperat Galletia.", 1155, ibidem, doc. 6; "Adefonsus dei gratia hispaniarum imperator laudat et confirmat. Sanctius filius eius rex Castelle laudat et confirmat. Fernandus filius eius rex Galletie laudat et confirmat", 1155 (Documentos da Catedral de Lugo).

Véxase tamén

Datos rápidos
Os reis e as raíñas da Galiza.
Fernando II. O fillo do emperador galego.
(Nós Diario, 17.10.2022)
Pechar

Outros artigos

Bibliografía

  • López Carreira, A; Fernández Calo, T. (2003). Os reis de Galicia. Vigo : A Nosa Terra. ISBN 84-96203-27-1
  • López Carreira, A. (2005). O reino medieval de Galicia. Edicións A Nosa Terra. ISBN 84-96403-54-8.
Máis información Títulos Reais ...
Fernando II de León e Galicia
Nacemento: 1137 Falecemento: 21 de xaneiro 1188
Títulos Reais
Precedido por
Afonso VII
Rei de Galiza
1157 – 1188
Sucedido  por
Afonso VIII
Rei de León
1157 – 1188
Pechar

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.