Estación de Palencia

From Wikipedia, the free encyclopedia

Estación de Palenciamap

A estación de Palencia, tamén coñecida como estación do Norte, é a principal estación de ferrocarril da cidade española de Palencia, na comunidade autónoma de Castela e León. Ten amplos servizos de longa e media distancia operados por Renfe. Encóntrase preto do centro da cidade, ao lado do Parque de los Jardinillos de la Estación e da estación de autobuses da capital.

Datos rápidos Palencia, Situación ...
Palencia
Thumb
SituaciónPalencia
Coordenadas42°00′57″N 4°32′02″O
Servizos
Liñas
Alta velocidadeAVE, AV City
Longa DistanciaAlvia, Intercity, Trenhotel
Media distanciaMD, Intercity, Rexional, Rexional Exprés
Intermodalidade
Bus
Si
Taxi
Si
Pechar

Situación ferroviaria

A estación, que está situada a 779 metros de altitude, forma parte das seguintes liñas férreas:

Formaba parte tamén dunha liña férrea de vía estreita actualmente desmantelada que a unía con Villalón e que formaba parte dos FFCC Secundarios de Castela.[2]

Historia

A chegada do ferrocarril a Palencia tivo lugar en 1860 coa apertura do tramo que unía Alar del Rey con Venta de Baños pasando por Palencia.[3] Construíuse así unha primeira estación sen excesivas pretensións que se chamaba do Norte ou de Alar. Moi diferente a este primeiro recinto foi o que se levantou en 1875 coa posta en marcha do tramo Palencia-León da liña que buscaba unir Palencia con Galicia.[3] Esta nova estación construíuse preto da primeira e chamouse inicialmente estación do Noroeste. Aínda que as obras iniciais corresponderon á Compañía do Noroeste de España esta acabou anexionada por Norte en 1885 quen xestionou a estación que pasou a chamarse do Norte ata 1941 data da nacionalización do ferrocarril en España e da creación de Renfe. Durante 2014 sufriu unha serie de melloras nas plataformas e vías para adaptala á chegada da alta velocidade, que entrou en funcionamento o 29 de setembro de 2015 e dá continuidade á liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid cara León e Asturias.

Desde o 31 de decembro de 2004 Adif é a titular das infraestruturas.

A estación

Thumb
Alvia na estación de Palencia.

A estación atópase ao norte da cidade, a escasa distancia do centro urbano. O seu edificio para viaxeiros é unha clara mostra do clasicismo francés cunha estrutura simétrica en forma de U composta por un corpo central dúas ás laterais e dous anexos finais. Todo iso sobre dúas plantas e con disposición lateral á vía.

Dispón de dúas plataformas, unha lateral e outra central, ás que acceden tres vías. Conta ademais con outra vía de apartado e outras dúas vías mortas.

Ten cafetería-restaurante, quiosco de prensa, librería, aseos, postos de información e venda de billetes.

Servizos ferroviarios

Longa distancia

Actualizado a 24 de xuño de 2016.

Máis información Tren, Orixe ...
Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
AVEMadrid-ChamartínSegovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · PalenciaLeón2 trens diarios por sentido
AlviaMadrid-ChamartínSegovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Aguilar de Campoo · Reinosa · TorrelavegaSantander2/3 trens diarios por sentido
AlviaMadrid-ChamartínSegovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · León · Pola de Lena · Mieres-Puente · OviedoXixón3/4 trens diarios por sentido
AlviaMadrid-ChamartínValladolid-Campo Grande · Palencia · León · Veguellina · Astorga · Vega-Magaz · Brañuelas · Torre del Bierzo · Bembibre · San Miguel de las DueñasPonferrada5 trens semanais por sentido
AlviaAlacant-TerminalVillena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Sahagún · León · Pola de Lena · Mieres-Puente · OviedoXixón1 tren diario por sentido
AlviaAlacant-TerminalVillena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Aguilar de Campoo · Reinosa · TorrelavegaSantander1 tren diario por sentido
AlviaXixónOviedo · Mieres-Puente · León · Sahagún · Palencia · Valladolid-Campo Grande · Madrid-Chamartín · Madrid-Puerta de Atocha · Cidade Real · Puertollano · Córdoba-Central · Sevilla-Santa Justa · Xerez da Fronteira · El Puerto de Santa María · San Fernando-Bahía SurCádiz1 tren diario por sentido
AlviaSantanderTorrelavega · Palencia · Valladolid-Campo Grande · Madrid-Chamartín · Madrid-Puerta de Atocha · Cidade Real · Puertollano · Córdoba-Central · Sevilla-Santa Justa · Xerez da Fronteira · El Puerto de Santa María · San Fernando-Bahía SurCádiz1 tren diario por sentido
AlviaXixónOviedo · Mieres-Puente · León · Sahagún · Palencia · Valladolid-Campo Grande · Madrid-Chamartín · Madrid-Puerta de Atocha · Valencia-Joaquín Sorolla · Sagunt · Castelló de la Plana · BenicàssimOrpesa6 trens semanais por sentido
AlviaBarcelona-SantsCamp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · La Robla · Pola de Lena · Mieres-Puente · OviedoXixón6 trens semanais por sentido
AlviaBarcelona-SantsCamp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Santiago de CompostelaA Coruña4 trens semanais por sentido
AlviaBarcelona-SantsCamp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · RedondelaVigo-Guixar3 trens semanais por sentido
IntercityHendaiaIrún · Donostia · Zumarraga · Altsasu · Vitoria · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de CompostelaA Coruña1 tren diario por sentido
IntercityBilbao-AbandoLaudio · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · RedondelaVigo-Guixar1 tren diario por sentido
Trenhotel AtlánticoMadrid-ChamartínÁvila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · PontedeumeFerrol6 trens semanais por sentido
Trenhotel GaliciaBarcelona-SantsCamp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-InfestaA Coruña1 tren diario por sentido
Trenhotel GaliciaBarcelona-SantsCamp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · RedondelaVigo-Guixar1 tren diario por sentido
Pechar

Media distancia

Actualizado a 24 de xuño de 2016.

Máis información Liñas, Trens ...
Pechar

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.