Estación de El Puerto de Santa María
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
El Puerto de Santa María é unha estación de ferrocarril situada na cidade de El Puerto de Santa María (Cádiz), no exterior do centro histórico, próximo ao río Guadalete. A estación é de nova creación adaptada para o AVE.
Remove ads
Remove ads
Antiga estación da cidade

Esta estación atopábase anexa á actual e esta era das máis antigas de Andalucía, xa que o primeiro tramo de Ferrocarril en Andalucía foi o de Xerez da Fronteira con esta cidade e estaba situada onde está hoxe en día o túnel que leva ás Salinas de San José.
A antiga estación inaugurouse no ano 1876, ao principio realizábase traxectos cara a Sanlúcar de Barrameda, Chipiona ou Rota, a última viaxe que se realizo cara a estas cidades foi o 31 de decembro de 1984.
A distancia das viaxes que se realizaban ía aumentando, creáronse estacións en cidades veciñas como Puerto Real ou Cádiz.
A cidade aproveito a remodelación das vías e das propias estacións e decidiron crear unha estación máis na cidade situada en Valdelagrana.
Remove ads
Trens
Proximidades e Media Distancia
A estación ten servizo de Proximidades cunha frecuencia que oscila entre 15 e 60 min para estacións situadas entre esta estación. Os fins de semana e festivos só circula un tren por hora en toda a liña.
Os trens de Media Distancia que saen e chegan a esta estación son de tipo Andalucía Exprés, todos con destino Sevilla-Santa Justa excepto 1 ao día que ten como destino ou orixe Xaén.
Longa Distancia
A liña de alta velocidade Sevilla-Cádiz atópase en proceso de construción. Esta liña será de largo ibérico con travesa polivalente, unha vez as obras conclúan esta estación poderá acoller este tipo de servizo.

![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de El Puerto de Santa María ![]() |
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads