Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Camp de Tarragona é a estación dos trens de alta velocidade de Tarragona, que ten só vías de ancho internacional (1435 mm), e está incluída dentro da rede de estacións de Adif. É unha estación pasante de trens situada entre as localidades de Perafort e La Secuita, preto de Tarragona, Reus e Valls. O nome provén da antiga comarca do Camp de Tarragona, que hoxe en día está fragmentada en tres.
Esta dispón de 8 vías de ancho internacional, 4 delas sen plataformas para trens sen parada na estación que actualmente só usan os AVE directos Madrid-Barcelona ou semidirectos Madrid-Zaragoza-Barcelona.
A estación inaugurouse o 26 de decembro de 2006 coa prolongación da LAV Madrid-Zaragoza-Lleida ata o cambiador de ancho de Roda de Berà, converténdose en estación terminal do AVE. Ao principio realizábase o traxecto ata/dende Madrid-Puerta de Atocha en 2 h 50 min, e na actualidade reducíuse ata as 2 h e media.
Foi a estación terminal dos trens AVE da L.A.V. Madrid-Barcelona-Fronteira francesa ata o 20 de febreiro de 2008, cando o AVE chegou a Barcelona.
A estación está situada practicamente no mesmo lugar no que se atopaba a antiga estación de Renfe de La Secuita-Perafort, da liña Reus-Roda de Berà, clausurada nos anos 1990.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.