Perafort
concello da provincia de Tarragona From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da provincia de Tarragona From Wikipedia, the free encyclopedia
Perafort é un concello da provincia de Tarragona, en Cataluña, situado na comarca do Tarragonès. Está formado por dous núcleos de poboación: Perafort e Puigdelfí, situado a menos dun quilómetro.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | Provincia de Tarragona | ||||
Comarca | Tarragonès | ||||
Capital | Perafort (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.292 (2023) (136 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 32 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 9,5 km² | ||||
Bañado por | Río Francolí | ||||
Altitude | 125 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Juan Martin Pla Pla (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 43152 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 43103 | ||||
Código territorial IDESCAT | 431037 | ||||
Páxina web | perafort.com |
Atopáronse diversos restos arqueolóxicos que demostran a presenza de habitantes durante a ocupación romana. Quedou despoboado durante a época árabe e non se repoboou ata logo da Reconquista; o seu primeiro señor foi Guillem de Claramunt. Tomou parte nas actividades da Comuna del Camp.
A principios do século XIII pertenceu aos señores de Castellvell. Logo de pasar por diversas mans, en 1467 a señoría quedou en poder da curia de Tarragona.
Puigdelfí e Perafort uníronse para formar un único municipio en 1846.
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2000 | 2012 |
---|---|---|---|---|---|
598 | 506 | 496 | 444 | 610 | 1.264 |
A principal actividade económica do municipio é a agricultura. Destacan os cultivos de viña, amendoeiras e abeleiras. Destaca tamén a actividade industrial, fomentada coa construción de polígonos industriais.
O 26 de decembro de 2006 inaugurouse, a medio camiño entre Perafort e La Secuita, a estación de Camp de Tarragona, pertencente á liña de alta velocidade Madrid-Barcelona-Fronteira francesa.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Perafort |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.