From Wikipedia, the free encyclopedia
Renfe Avant é un servizo de trens de Media Distancia e alta velocidade parcialmente subvencionados, realizado por Renfe Operadora en España, que circulan a unha velocidade máxima de 250 km/h.
Realízase con trens das series 104, 114 e 121, en configuración de clase única sen cafetería.
A primeira liña de alta velocidade española en ser inaugurada foi a Madrid-Sevilla, que se mantivo durante unha década como a única liña deste tipo en funcionamento. En orixe, os trens AVE eran os únicos en percorrer a liña. Renfe instaurou unhas novas frecuencias que no canto de percorrer toda a liña realizaban o traxecto Madrid-Puerta de Atocha-Cidade Real-Puertollano, con horarios adaptados ás viaxes pendulares. Estes servizos eran denominados Lanzadeira AVE e realizábanse cos mesmos trens da serie 100 que os trens AVE.
RENFE encargou novos trens para esta relación, a serie 104, que entraron en servizo a finais de 2004. Estes trens terían unha configuración de longa distancia, con clase turista e club e cafetaría a bordo. En outono de 2005 inaugurouse a liña de alta velocidade Madrid-Toledo, onde estes novos trens entran tamén a prestar servizo. O servizo, tras un curto período coa denominación Iris pasa a ser coñecido como Avant e a recibir unha consideración de media distancia: as cafetarías a bordo deixan de prestar servizo e todas as prazas son ofertadas como de clase única.
Coa inauguración de novas liñas de alta velocidade os servizos Avant esténdense por todo o país, e recíbense novos trens adaptados a este servizo que xa non dispoñen de cafetaría e parten de fábrica con clase única.
Ademais circulan servizos Avant entre Cádiz e Xaén usando a LAV Madrid-Sevilla entre o Cambio de ancho de Alcolea e o Cambio de ancho de Marajabique mediante a serie 121.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.