Estación de Xixón
estación de tren From Wikipedia, the free encyclopedia
estación de tren From Wikipedia, the free encyclopedia
A estación de Xixón, tamén coñecida como Xixón–Sanz Crespo, é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Xixón. É de carácter terminal e provisional e foi inaugurada o 28 de marzo do 2011. Ten servizos de longa e media distancia, rexionais e proximidades operados por Renfe tanto de vía estreita como de ancho ibérico.
Xixón | |
---|---|
Situación | Xixón |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia |
Media distancia | Rexional |
Cercanías | Proximidades Asturias |
FEVE | Rexionais, Transcantábrico |
Atópase na rúa Sanz Crespo do barrio homónimo, preto do Palacio de Xustiza.
A estación atópase situada a 8 metros de altitude nos trazados de varias liñas férreas tanto de ancho ibérico como de ancho métrico:
Ao comezo da década dos anos 90 a cidade de Xixón sufriu unha ampla reorganización ferroviaria.[3] A histórica estación do Norte foi pechada e o tráfico distribuíuse entre a nova estación de Jovellanos para trens de longo percorrido e a estación de Xixón-Cercanías.[3] Ambas as estacións combináronse con Feve de tal forma que ambas ofrecían servizos de vía estreita e de vía ancha.[3] En 2002 coa vista posta na alta velocidade e en mellorar a intermodalidade entre os distintos servizos de transporte existentes creouse a Sociedad Gijón al Norte co fin de reordenar o armazón ferroviario da cidade. Os plans iniciais incluían o soterramento das vías e a creación dunha nova estación. Para iso considerouse necesario construír un recinto provisional cuxas obras se iniciaron no primeiro trimestre do ano 2009.[4] As mesmas concluíron en marzo do 2011 sendo inaugurada a nova estación provisional de Sanz Crespo o 28 de marzo de 2011. A principios do 2013, os graves problemas económicos da Sociedad Gijón al Norte con dificultades para financiarse e vender os terreos liberados tras as obras iniciais supoñen un freo na continunidade do proxecto.[5]
A nova terminal consiste nunha plataforma para seis vías, tres de ancho ibérico e tres de ancho métrico e tres plataformas sobre os terreos de Sanz Crespo comprendidos entre os pasos superiores de Carlos Marx e da avenida do Príncipe de Asturias. Todas as vías terminan en fondo de saco xunto ao edificio de viaxeiros. O inmoble, en forma de 'L', ocupa unha superficie total construída de 2.250 metros cadrados, dos cales 1.200 son en planta baixa e outros 800 corresponden a un nivel superior en altura. Nel terán cabida todos os servizos que precisan as empresas ferroviarias (Renfe e Adif), incluíndo vestiarios, oficinas, atención ao cliente, zona de cafetería, locais comerciais e un amplo vestíbulo no que se poñerán á venda os billetes. Os materiais construtivos utilizados tanto no edificio como na praia de vías están concibidos para ser reutilizados.
Actualizado a 23 de xuño de 2016.
Actualizado a 23 de xuño de 2016.
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
24 | Rexional | Valladolid-Campo Grande | <> | Xixón |
Actualizado a 23 de xuño de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
R-1 | Ferrol | <> | Xixón | |
A estación forma parte da rede de proximidades Asturias integrándose nas liñas C-1, F-4, F-5 e o semidirecto Xixón-Oviedo denominado tamén en ocasións liña F-9. En todos os casos exerce de terminal.
O trazado de vía estreita, pola súa natureza e as paraxes percorridas, dá lugar a unha serie de trens turísticos historicamente operados por Feve e en mans de Renfe Operadora desde 2013. Estes trens son o Estrela do Cantábrico entre Xixón e Llaviana, e o Transcantábrico entre León e Ferrol, vía Bilbao. Este último tren é de luxo, mesmo ten unha versión de gran luxo. As viaxes que se realizan en datas concretas, principalmente no verán, inclúen visitas a museos e turismo gastronómico.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.