Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
San Clodio-Quiroga é unha estación de tren de Adif situada en San Clodio, no concello de Ribas de Sil, a escasos quilómetros de Quiroga. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.
San Clodio-Quiroga | |
---|---|
Situación | Ribas de Sil |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia, Trenhotel |
Media distancia | Intercity, Rexional Exprés |
A estación atópase no punto quilométrico 333,5 da liña férrea de ancho ibérico que une León coa Coruña a 246 metros de altitude,[1] entre as estacións do Freixeiro e Soldón-Sequeiros. O tramo é de vía única e está electrificado.
A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[2] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Actualizado a 18 de xuño de 2016.
Actualizado a 18 de xuño de 2016.
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
Intercity | Madrid-Chamartín | <> | Vigo-Guixar | |
6 | Rexional Exprés | León Ponferrada |
<> | Vigo-Guixar |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.