Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Renfe AV City[1][2] é un servizo diúrno de transporte de pasaxeiros por alta velocidade prestados polo operador ferroviario español Renfe desde 2014. O seu obxectivo é a comercialización de servizos similares aos que ofrece o AVE cun custo reducido.[3]
Caracterízase por utilizar trens das series S-104, S-114 e S-121 (usados habitualmente para Avant) e carecer de clase Preferente, así como doutros servizos complementarios que si se ofrecen nos percorridos de AVE convencionais. A súa velocidade punta é de 250 km/h.
Os servizos AV City caracterízanse por ser postos en marcha para complementar a oferta AVE a prezos máis económicos, co fin de facilitar e incrementar a mobilidade dos clientes. Todos os servizos AV City circulan por liñas de alta velocidade a unha velocidade máxima de 200-250 km/h. A diferenza cos trens AVE radica, ademais da menor velocidade punta, na non dispoñibilidade de prestacións complementarias que encarecen o produto. Todos os vehículos dispoñen de cafetería, aseo, prazas específicas para persoas de mobilidade reducida e prazas en Turista e Turista Plus.[4]
Orixe | Paradas | Destino | Frecuencias |
---|---|---|---|
Madrid-Puerta de Atocha | Cidade Real · Puertollano · Villanueva de Córdoba-Los Pedroches · Córdoba-Central | Sevilla-Santa Justa | 2 por día e sentido |
Madrid-Puerta de Atocha | Guadalaxara-Yebes · Calatayud | Zaragoza-Delicias | Sentido Madrid 1 por sentido de luns a sábado e 1 xoves, venres e domingo. Sentido Zaragoza 1 por sentido de luns a venres e domingo e 1 xoves e domingo. |
Madrid-Chamartín | Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande - Palencia | León | 1 por sentido |
Madrid-Chamartín | Segovia-Guiomar · Medina del Campo AV | Zamora | 1 por sentido |
Valencia-Joaquín Sorolla | Cuenca-Fernando Zóbel · Cidade Real · Puertollano · Córdoba-Central · Puente Genil-Herrera · Antequera-Santa Ana | Málaga-María Zambrano | Sentido Málaga circula luns, venres e domingo. Sentido Valencia circula venres, sábado e domingo |
Barcelona-Sants | Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus | Zaragoza-Delicias | 1 por día e sentido |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.