historiador e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Emilio González López, nado na Coruña o 13 de setembro de 1903 e finado en Nova York o 19 de decembro de 1991, foi un historiador e político galego, catedrático de Dereito Penal en varias universidades, deputado a Cortes durante a Segunda República Española, cónsul xeral en Xenebra e secretario da delegación española na Sociedade de Nacións. Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade da Coruña e Medalla Castelao en 1984.
Naceu no barrio mariñeiro de San Roque de Fóra,[1] na cidade da Coruña, fillo de Antonio González Doldán, un tipógrafo ligado aos movementos obreiros. Estudou na Coruña e tivo como mestre a Xoán Vicente Viqueira e logo marchou a Madrid para estudar dereito, onde se licenciou. Conseguiu en 1931 a cátedra de dereito penal na universidade de La Laguna, pero non chegou a exercer por mor das súas actividades políticas. Posteriormente foi gañando as mesmas cátedras de dereito penal na Universidade de Salamanca e na de Oviedo.
En Madrid foi o fundador e primeiro secretario xeral da Federación Universitaria Escolar (FUE), aínda nos tempos da ditadura de Primo de Rivera e nas primeiras eleccións da Segunda República, en 1931, saíu elixido deputado pola circunscrición da Coruña pola Federación Republicana Gallega, posto que revalidou nas eleccións de 1933 (representando á ORGA) e de 1936 (nas listas de Izquierda Republicana, dentro da Fronte Popular). Durante a República foi director xeral de administración local (1932) e director xeral de Beneficiencia (1933) dependente do Ministerio da Gobernación de Santiago Casares Quiroga. En 1936 participou na redacción do Estatuto de Autonomía de Galicia.
O estouro da Guerra Civil española coincídelle en Madrid, en zona republicana, e como representante do goberno acode a Xenebra á Liga das Nacións, onde ten o encargo de coordinar unha rede de espionaxe a prol do goberno democrático.
Coa derrota bélica, exíliase aos Estados Unidos de América, en Nova York, onde permaneceu ata a súa morte. Nos Estados Unidos deu clases de Historia na Universidade da Cidade de Nova York, onde se especializou en Historia de España e Historia de Galicia.
En 1984 recibiu a Medalla Castelao, na súa primeira entrega. Foi nomeado Cronista Xeral de Galicia[3] e doutor honoris causa pola Universidade da Coruña. Tamén foi nomeado académico da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación en 1978.
Predecesor: ? |
Cronista Xeral de Galicia 1991 |
Sucesor: Antón Fraguas |
Ademais de multitude de artigos e colaboracións, esta é unha listaxe de monografías publicadas por Emilio González López[4]:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.