From Wikipedia, the free encyclopedia
O sistema de determinación do sexo X0 (xe-cero) é o modo en que se determina o sexo da descendencia entre os seguintes grupos de invertebrados e uns poucos peixes:
Neste sistema hai só un cromosoma sexual, denominado X. Os machos teñen só un cromosoma X (son X0), mentres que as femias teñen dous (son XX). O cero (ás veces aparece escrito menos apropiadamente como a letra O) indica a carencia do segundo cromosoma X. Os gametos maternos (óvulos) sempre conteñen un cromosoma X, polo que o sexo da descendencia destes animais depende de se o gameto masculino (espermatozoide) porta un cromosoma X ou non. Se o espermatozoide que realizou a fecundación non levaba ningún cromosoma X, nace un macho.
Existe unha variante deste sistema na que a maioría dos individuos teñen dous cromosomas sexuais (XX) pero son hermafroditas, producindo tanto óvulos coma espermatozoides, cos cales poden fecundarse a si mesmos, mentres que só hai uns poucos individuos que son machos e teñen só un cromosoma X (X0). O organismo modelo Caenorhabditis elegans (un nematodo) é un bo exemplo deste tipo de organismos.
Algunhas especies de mosca Drosophila teñen machos X0.[6] Pénsase que se orixinaron pola perda do cromosoma Y, que estas moscas normalmente teñen, aínda que nelas a determinación do sexo é pola proporción entre os cromosomas X e os autosomas.[7]
Nos sistemas de determinación do sexo X0 pode haber partenoxénese, que se produce por medio de diferentes mecanismos que orixinan machos ou femias, por exemplo en áfidos.[8]
Nos humanos pode darse o caso de que un individuo teña un só cromosoma X como único membro do par de cromosomas sexuais, polo que se di que é un individuo X0. Isto é un trastorno chamado síndrome de Turner e non é a forma de determinar o sexo nos humanos, os cales utilizan o sistema XY, no que os XX son mulleres e os XY homes. Os individuos con síndrome de Turner xeralmente presentan un aspecto feminino, pero acompañado de diversas anomalías e trazos característicos e son estériles.
Un pequeno número de roedores teñen un sistema similar ao X0, xa que perderon o seu cromosoma Y. Entre eles están Tokudaia osimensis e Tokudaia tokunoshimensis. Ademais os roedores Ellobius presentan unha forma de determinación X0 na que ambos os sexos carecen dun segundo cromosoma sexual.[9] [10] O seu mecanismo de determinación sexual non se coñece aínda.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.