From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos apinos (Apinae) é unha subfamilia de insectos da orde dos himenópteros, suborde dos apócritos, superfamilia dos apoideos, unha das tres que comprende a familia dos ápidos.[1]
Apinos Apinae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Apis mellifera (A frecha sinala a distintiva corbícula) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Tribos e Xéneros | |||||||||||||||||
|
Trátase dunha ampla subfamilia que comprende máis de 3 500 especies distribuídas en 20 tribos con máis de 160 xéneros.
Os apinos caracterízanse pola posesión dunha corbícula, unha modificación da tibia posterior, que é unha adaptación biolóxica para o almacenamento e o transporte de pole, polo que se chama tamén "cesta do pole",[2] ausente só nos machos e nas abellas raíñas dalgunhas especies (que non son recolectores de pole), e dun rastellum, que é unha fileira de serdas ríxidas situada xunto ao ápice da tibia,[3] co que recolectan o pole na corbícula.
A subfamilia foi descrita en 1802 polo entomólogo francés Pierre André Latreille.
O nome científico Apinae está formado polos elementos do latín científico ap- e -inea. O primeiro é a raíz do nome do seu xénero tipo, Apis, e o segundo é o sufixo empregado para formar os nomes das subfamilias de animais.[4]
A clasificación dos apinos variou moito en época recente, sobre todo pola constante reclasificación producida polo descubrimento de novas especies.[5]
Hoxe en día recoñécense na subfamilia as seguintes tribos, cos xéneros que se indican:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.