GL
All
Articles
Dictionary
Quotes
Map

Wikiwand ❤️ Wikipedia

PrivacyTerms

Antonio Nouche Costa

guerrilleiro antifranquista galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Antonio Nouche Costa
TraxectoriaNotasVéxase taménBibliografía

Antonio Nouche Costa, coñecido como Dourado Xaneiro e O soldado de Deixebre, nado en Deixebre (Oroso) en 1924 e finado en Carres (Concello de Cesuras) o 4 de marzo de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Modelo:BiografíaAntonio Nouche Costa
Biografía
Nacemento1924 Editar o valor en Wikidata
Deixebre, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de marzo de 1948 Editar o valor en Wikidata (23/24 anos)
Probaos, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Outros nomesDourado Xaneiro
O soldado de Deixebre Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Membro de
Exército Guerrilleiro de Galicia Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata

Los de la sierra: 5366
Pechar

Nado en Bouzalonga, parroquia de Deixebre. Desertou do cuartel onde facía o servizo militar para unirse á guerrilla no verán de 1947. Para conseguir que se presentase foron detidos os seus pais e o seu irmán Manuel; ao non conseguilo, as súas irmás Isolina (coa súa filla pequena María del Carmen), Dolores e María, xunto coa súa cuñada Jesusa Cores, foron desterradas á provincia de Soria.[1] Foi membro do Destacamento Manuel del Río Botana, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Acompañou a Manuel Ponte Pedreira e outros no asalto á vivenda de Ramón Ferreiro Moar, en Aldrés (Senra); participou con Juan Couto Sanjurjo na operación que desarmou ao somatén da Baña e con Claudio Díaz Milia, Pedro Rodríguez Gómez, José Remuiñán Barreiro, José Blanco Núñez e José Santiago Temprano, na sanción económica de 30.000 pesetas ao alcalde franquista de Cerceda.

O 4 de marzo de 1948 un cabo e catro gardas civís do posto de Betanzos cercaron unha casa de Probaos na parroquia de Carres, na que se atopaban Antonio Nouche e José Blanco Núñez, produciuse un enfrontamento, pero José Blanco logrou fuxir. A Garda Civil matou a Antonio Nouche xunto cos habitantes da casa Joaquín López Sánchez e a súa filla Manuela López Suárez e despois aplicoulles a "lei de fugas" á filla de Joaquín, María López Sánchez, e o seu xenro Manuel Mosquera Moar, que vivían nunha casa próxima, tamén enlaces da guerrilla.

  1. [1]
    Os desterros: outra forma de represión da guerrilla antifranquista

Bibliografía

  • Marco, Aurora (2011). Mulleres na guerrilla antifranquista galega. A Coruña: Laiovento. pp. 275–285. ISBN 978-84-8487-211-5.
  • Pazos Gómez, Manuel (2011). A guerra silenciada. Mortes violentas na comarca de Ordes 1936-1952.
Edit in WikipediaRevision historyRead in Wikipedia

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Chrome
Wikiwand for Chrome
Edge
Wikiwand for Edge
Firefox
Wikiwand for Firefox

Traxectoria

Notas

Véxase tamén

favicon
1 sources