guerrilleiro antifranquista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Pedro Rodríguez Gómez, nado en Vilariño (Buscás, Ordes) cara a 1915 e finado en Ordes o 17 de xullo de 1977, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1916 Vilariño, España |
Morte | 17 de xullo de 1977 (60/61 anos) Ordes, España |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Zoqueiro de profesión e militante do Partido Comunista de España. Foi detido pola Brigada de Investigación e Vixilancia da Garda Civil o 4 de maio de 1946 acusado de simpatizante comunista e escoitar Radio Moscova. Posto en liberdade tres días despois, uniuse á guerrilla. Participou con Antonio Nouche Costa, Claudio Díaz Milia, José Remuiñán Barreiro, José Blanco Núñez e José Santiago Temprano, na sanción económica de 30.000 pesetas ao alcalde franquista de Cerceda. Desertou o 9 de xullo de 1946 marchando a súa casa, onde permaneceu un ano ata que marchou a Santiago de Compostela o 7 de xullo de 1947. Retornou a Coruña e foi detido o 19 de xullo. Xulgado en consello de guerra sumarísimo na Coruña con José Santiago Temprano o 4 de novembro de 1948,[1] foi condenado a cadea perpetua. Pasou 12 anos na Prisión Central de Burgos, de onde saíu en liberdade condicional en xaneiro de 1959.[2] Morreu en Ordes o 17 de xullo de 1977 con 61 anos.[3][4]
Casou con Josefa Regos del Río.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.