Remove ads
guerrilleiro antifranquista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José Blanco Núñez, coñecido como Ferreirín e Pepito, nado na Coruña cara a 1921 e finado en Madrid 1952, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1921 A Coruña, España |
Morte | 1952 (30/31 anos) Madrid, España |
Causa da morte | pena de morte |
Outros nomes | Ferreirín Pepito |
Actividade | |
Ocupación | maquis, zapateiro |
Zapateiro de Elviña. En 1944 tiña a responsabilidade política dun pequeno grupo de homes baixo a dirección de Manuel Ponte Pedreira. Foi detido en maio de 1945 con Manuel Bello Parga, José Soto Pombo e Francisco Cousillas Pombo, que ingresaron na Prisión Provincial, mentres José ingresou no calabozo do seu Rexemento de Artillaría número 48, por ser nese momento soldado de recrutamento.[1] Foi ferido nunha perna nun enfrontamento coa Garda Civil en Parada (Ordes) o 26 de xuño de 1946, que lle custou a vida ao enlace Antonio Recouso Boquete.
Foi integrante do Destacamento Enrique Líster xunto a Francisco Rey Balbís. En 1948 asumiu con Manuel Pena Camino a dirección do destacamento Eduardo Xaneiro. O 4 de marzo de 1948 en Carres a Garda Civil atacou as dúas casas onde se refuxiaba Ferreirín cos seus homes, mataron o guerrilleiro Antonio Nouche Costa, conseguindo Ferreirín escapar; pero en represalia a familia que ocupaba as casas foi executada. O Xulgado Especial de Accidentes Ferroviarios da Oitava Rexión Militar publicou en outubro de 1948 unha requisitoria contra el e José María Díaz Pan, Emilio Claudio Díaz, Francisco Rey Balbís, José Remuiñán Barreiro, José Pedreira de la Iglesia, Enrique Ferreirós Candamo, Jesús Valeiro Gómez, José Antonio Cortiñas Blas e Antonio López Arias.[2] O 8 de xaneiro de 1949 participou con Benigno Andrade García, José Remuiñán Barreiro, Antonio López Arias e Manuel Bastida Franco na morte de José Couceiro Taboada, subcabo de Somatén, xefe de Falange e mestre e da súa muller María Constela en Soutelo de Montes. Ese ano pasou a ser responsable da prensa do PCE e en xaneiro de 1950 foi nomeado secretario de organización.[3] Arrestado en marzo de 1952 na súa cidade natal e trasladado a Madrid, colaborou coa policía e a información que proporcionou permitiu desmantelar a rede de enlaces da guerrilla. Malia iso foi executado en Madrid en xuño ou xullo de 1952.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.