guerrilleiro antifranquista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José Remuiñán Barreiro,[1] coñecido como Ricardito ou Simeón, nado en Parada (Ordes) cara a 1911 e finado en Pazos (Monfero) o 31 de outubro de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1911 Parada, España |
Morte | 31 de outubro de 1949 (37/38 anos) Pazos, España |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
Outros nomes | Ricardito Simeón |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Ingresou na guerrilla ao rematar a guerra civil. A partir de 1944 foi lugartenente de Benigno Andrade García "Foucellas". Foi reclamado polo Xulgado Militar da Coruña en setembro de 1946.[2] Acompañou a Foucellas dende 1947 como número dous da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Procesado na causa 262/48 por agresión a forza armada e homicidio, foi reclamado polo Xulgado Militar Eventual número 2 de Santiago de Compostela xunto con Benigno Andrade en xuño de 1948.[3] O Xulgado Especial de Accidentes Ferroviarios da Oitava Rexión Militar publicou en outubro de 1948 unha requisitoria contra el e José María Díaz Pan, Emilio Claudio Díaz, Enrique Ferreirós Candamo, Francisco Rey Balbís, José Pedreira de la Iglesia, José Blanco Núñez, Jesús Valeiro Gómez, José Antonio Cortiñas Blas e Antonio López Arias.[4]
Despois da desfeita da V Agrupación en maio de 1948, volveu á IV Agrupación integrándose no Destacamento Arturo Cortizas liderado por Adolfo Allegue Allegue "Riqueche". O 8 de xaneiro de 1949 participou con Benigno Andrade, Antonio López Arias, Manuel Bastida Franco e José Blanco Núñez na morte de José Couceiro Taboada, subcabo de Somatén, xefe de Falange e mestre e da súa muller María Constela en Soutelo de Montes. Morreu probablemente o 31 de outubro de 1949 en Pazos (San Fiz de Monfero) co resto do seu destacamento cercado pola Garda Civil. Nun primeiro momento non foi identificado o seu cadáver, sinalando a Garda Civil que se trataba de Juan Gabeiras Barro.
Como represalia por unirse á guerrilla, oito membros da súa familia foron deportados á provincia de Burgos.[5] A súa nai Antonia Barreiro Recouso morreu no desterro, nas proximidades de Villahoz o 22 de abril de 1949. A traxedia desta familia inspirou o poema de Luís Seoane "Verdadeiro sucedido nun Nadal" do libro A maior abondamento.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.