Deixebre, Oroso
parroquia civil do concello de Oroso From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Oroso From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María de Deixebre[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Oroso. Segundo o IGE en 2018 tiña 334 habitantes (164 homes e 170 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación.
Deixebre | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Deixebre. | |
Concello | Oroso[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°00′40″N 8°25′54″O |
Poboación | 334 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Deixebre sitúase entre as parroquias de Oroso e mais Santa Cruz de Montaos e Beán (concello de Ordes). Está atravesada pola autoestrada AP-9, e a carón dela discorre a estrada N-550.
A igrexa parroquial de Santa María de Deixebre atópase nos Carballos, a carón da carballeira do campo da festa e do cemiterio. O antigo templo parroquial estaba na aldea da Igrexa, preto da fonte da Santiña. Celébranse as festas de Santa Margarita o 24 de xullo e Santa María o 15 de agosto.
O equipo de fútbol da SD Deixebre xoga na Segunda Autonómica de Galicia. Foi creado a mediados do século XX, e xoga no campo do Peteiro. O seu uniforme é camiseta negra con raias brancas no lateral.
Lugares da parroquia de Deixebre no concello de Oroso (A Coruña) | |
---|---|
Baxoia | Bouzalonga | A Burata | Os Carballos | A Igrexa | Peteiro | A Rúa | Vilar de Abaixo | Vilar de Arriba |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.