From Wikipedia, the free encyclopedia
Cada unha das 3.792 parroquias de Galicia constatadas no nomenclátor de topónimos ten un santo patrón. Non se debe confundir co concepto de haxiotopónimo, que é un topónimo (nome de lugar) que etimoloxicamente procede do nome dun santo (Santiso < San Tirso, Sanchidrián < Santo Hadrián, Santa Comba, Santiago etc.).
Esta páxina está proposta para ser movida aos Galilibros. A razón é que o seu contido é un traballo orixinal. Se pensas que a páxina pode converterse nun artigo enciclopédico, por favor, faino e logo retira esta mensaxe. En caso contrario, podes axudar dándolle formato segundo as regras dos Galilibros antes de que se produza o traslado.
Valora a posibilidade de solicitarlle a un administrador dos Galilibros que importe esta páxina dende o proxecto irmán. |
Este patrón asignado ou advocación é normalmente único, pois moi poucas veces consta unha parella e moi ocasionalmente máis de dúas. Estes oito casos, dos cales seis son capitais do seu concello, son os seguintes:
En Galicia existen entre 102 e 163 advocacións distintas. Esta variación numérica depende de se se consideran iguais ou distintas certas parellas ou grupos de advocacións con similitudes, por exemplo:
Hai tamén sete parroquias nas que non consta o seu santo patrón, probablemente por seren parroquias urbanas con moitas igrexas parroquiais:
As once advocacións con máis parroquias son as seguintes (entre parénteses, o número de parroquias con esa advocación e a porcentaxe sobre o total):
Queda patente a enorme presenza de Santa María, probablemente vestixio dun culto feminino e dunha sociedade matriarcal prelatina pervivente dalgunha maneira ata os nosos días.[Cómpre referencia]
A orixe principal dos santos venerados nas parroquias galegas é bastante antiga: non hai practicamente advocacións de santos canonizados recentemente ou dos últimos séculos. Porén, hai mesmo santos de orixe descoñecida: en boa medida, pódese admitir que moitas das persoas ou obxectos de culto precristiáns foron recristianizados,[Cómpre referencia] perdendo no camiño a consciencia do seu tema, o paganismo orixinario ou mesmo da súa orixe galega. Esta transformación foi tan radical que se chegaron a dous extremos de histrionismo:
As orixes principais das advocacións das parroquias de Galicia son seis:
Como era de esperar, os máis abundantes con diferenza son os israelitas, seguidos polos italianos e os turcos. As imaxes de abaixo reflicten a frecuencia e distribución en número de parroquias das advocacións a santos coas características indicadas para cada un dos 313 concellos de Galicia segundo o cruzamento dos datos de orixes fornecidas no libro de Ferro Ruibal e o nomenclátor dispoñible no CIRP. O cadro inferior esquerdo de cada imaxe representa o último concello creado en Galicia, A Illa de Arousa, e a delimitación verde suplementaria divide Galiza en seis partes: as dioceses de Mondoñedo-Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Tui-Vigo e Astorga.
Non tódolos santos se veneraron igual en tódalas épocas. Ademais de que obviamente non se pode prestar ó culto un santo que aínda non foi santificado, as modas e frecuencias (e posiblemente tamén a utilización aproveitada dos santos para fins políticos)[Cómpre referencia] nas advocacións flutúan cos séculos. Se houbese que deducir en que época se cristianizou Galicia a partir das advocacións máis presentes nas parroquias se chegaría a unha conclusión bastante evidente: os santos cuxo culto comezou no século VI son os máis abondosos nas advocacións das parroquias galegas, contabilizando un total do 58 % dos analizados. As porcentaxes de tódolos datos son as seguintes:
A distribución superficial destes datos ó longo da xeografía galega represéntase nos sete mapas inferiores. Unha santa significativa nestes sentido é Santa Baia, santa galega datable entre os primeiros séculos da cristiandade (século IV) que aínda así mantén ata agora un enorme número de parroquias no seu honor, sendo a oitava con máis frecuencia no santoral das parroquias galegas. O seu santo é o 12 de febreiro, unha data atípica (probablemente indicio do seu carácter conservador) pois a maioría dos patróns das parroquias galegas teñen a festividade actual no verán.
Representación cartográfica das frecuencias absolutas de parroquias para cada concello segundo a época de orixe do culto de cada advocación.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.