A Magdalena é un lugar da parroquia de Ribadelouro no concello pontevedrés de Tui na Comarca do Baixo Miño. Tiña unha poboación censada de 55 habitantes no ano 2019 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 23 eran homes e 32 mulleres, o que representa un descenso en relación ó ano 2010, cando tiña 54 veciños, descenso que é aínda maior respecto ao ano 2004, cando eran 60 veciños.

Datos rápidos Parroquia, Concello ...
A Magdalena
ParroquiaRibadelouro
ConcelloTui
Coordenadas42°05′52″N 8°38′26″O
Poboación55 hab. (2019)
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Patrimonio

A Magdalena exerce de centro parroquial de Ribadelouro, tanto a nivel económico coma social. A consecuencia disto, neste barrio están situados algúns dos elementos patrimoniais máis relevantes da parroquia, comezando pola propia igrexa.

  • Igrexa de Santa Comba (s. XIX): edificación do ano 1824, construída sobre outra anterior de época románica da que non se conservan restos[1].
  • Reitoral (s. XVII): situada a carón da Igrexa parroquial. Aínda que a edificación é do século XVII tamén conta con engadidos e modificacións posteriores do século XVIII.
  • Cruceiro da Magdalena (s. XIX)[2]
  • Calvario de Ribadelouro (s. XIX)[3]

Lugares e parroquias.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.