Randufe, Tui
parroquia civil do concello de Tui From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Santa María da Guía de Randufe é unha parroquia que se localiza no concello de Tui. Segundo o IGE de 2019 tiña 2.125 habitantes (1.107 mulleres e 1.018 homes), distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón unha lixeira diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.138 habitantes.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Randufe.
Remove ads
Toponimia
O topónimo Randufe é de orixe xermánica, o sufixo -ufe/ulfe significa lobo[2].
División eclesiástica
Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado de Tui-Entenza, na diocese de Tui-Vigo.[3]
Historia
Esta parroquia conta cunha longa historia de ocupación humana desde a prehistoria. Os achados máis antigos correspóndense con restos de machadas paleolíticas.[4]. Entre as primeiras expresións artísticas atopamos varios petróglifos, entre os que destacan os do Alto do Coello[5], da Idade de Bronce (1800-600 a. C.). Na Idade de Ferro existiu un asentamento no barrio da Guía, o chamado Castro de Cotarel[4].
Persoeiros destacados
- Arcebispo Manuel Lago González.
Lugares e parroquias
Lugares de Randufe
| Lugares da parroquia de Randufe no concello de Tui (Pontevedra) | |
|---|---|
|
A Abelleira | Arcos | Bermún | As Bornetas | Camiño Branco | Casas Novas | As Chans do Carrasco | Corvaceiras | Cotarel | Coto de Gaio | Cruceiro | Dices | A Estrada | O Gateño | A Guía | A Leiriña | O Lugariño | O Matelo | O Montiño | O Outeiro | Pociño | Postes | Quiringostas | O Remesal | Sombraboa | O Souto | As Valiñas |
Parroquias de Tui
Remove ads
Notas
- "Topónimos xermánicos que rematan en -ULFE (lobo) - Xenealoxía.org - Genealogía de Galicia". xenealoxia.org. Consultado o 2020-09-30.
- "TUI-ENTENZA archivos". DIOCESE TUI-VIGO (en castelán). Consultado o 2023-09-13.
- Martínez Sigüenza, Xulio (2010). "As parroquias de Tui –síntese histórica" (PDF). Pontevedra. Revista de Estudios Provinciais (19): 11–48. ISSN 0211-5530. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de maio de 2012. Consultado o 30 de setembro de 2020..
- "Petroglifos do Alto do Coello". Patrimonio Galego. Consultado o 2020-09-30.
Remove ads
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads