presentador galego de televisión From Wikipedia, the free encyclopedia
Xosé Ramón Gayoso Bonigno, nado na Coruña o 25 de abril de 1956, é un presentador da Televisión de Galicia e un dos personaxes públicos máis coñecidos en Galicia. Presentou varios programas da canle pública galega dende a súa mesma creación, en 1985, facéndose enormemente popular polo seu traballo en Luar, programa que presenta dende 1992.
(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de abril de 1956 (68 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | presentador de televisión |
Período de actividade | 1985 - |
Premios | |
| |
Estudou no colexio coruñés da Grande Obra de Atocha. Licenciouse en dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Practicante de atletismo, en concreto lanzamento de martelo, proclamouse campión de España xuvenil en 1975 cun lanzamento de 46 m.[1]
Practicando atletismo coñeceu a Álvaro Someso, campión galego de salto de altura en 1973 e xogador de balonmán do OAR A Coruña,[2] con quen en 1976 formou o dúo Álvaro y José Ramón. En marzo do ano seguinte o dúo saíu vencedor da cuarta edición do Festival da Canción «Liceo La Paz», onde un xurado formado entre outros por Nonito Pereira, lles deu a maior puntuación, por diante de Ana Mediero (segunda) e o grupo Escaino (terceiros).[3]
En 1978 o dúo mudou o seu nome polo de Keltia e a finais dese ano editaron Choca esos cinco, un disco que foi producido por CBS, onde a metade das cancións estaban interpretadas en galego, e onde facían versións de José Afonso e musicaban a Rosalía de Castro.[4][5] En marzo de 1979 Keltia realizou unha actuación en TVE, dentro do programa musical Aplauso.[2][6]
Recomendado pola cantante Elsa Baeza, marchou a Madrid traballar ao despacho de avogados de Luis Zarraluqui, especializado en divorcios e nulidades, co que tivo que intervir en casos no Tribunal de La Rota. Logo de tres anos, regresou a Galicia e comezou a traballar na TVG. Tentouno como asesor xurídico, pero acabou traballando de presentador desde a súa inauguración en 1985.[4] Presentou programas como Entre nós, Boa Noite, Lúa Nova, O veciño do xoves, Corazonada, Adiviña quen ven esta noite e Pensando en ti. Pero foi con Luar, a partir de 1992, cando se fixo inmensamente popular.
No ano 2017 recibiu a Medalla Castelao.[7] Neste ano tamén lle foi concedido o Premio Rebulir da Cultura Galega en recoñecemento á súa traxectoria na difusión e posta en valor da cultura de Galicia a través do programa Luar.[8] Foi Premio da Cultura Galega, modalidade Audiovisual en 2022.[9] Segundo o xurado, "o seu rostro aparece desde o primeiro minuto da emisión da TVG, e desde entón mantense na pantalla nun dos programas máis lonxevos".[10]
No ano 2023 someteuse a unha operación de cadeira, sendo substituído temporalmente por Esther Estévez.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.