Vilagarcía de Arousa
concello da comarca do Salnés, na provincia de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da comarca do Salnés, na provincia de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
Vilagarcía de Arousa é un concello e vila da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Capital de | |||||
Capital | Vilagarcía de Arousa | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 37.689 (2023) (799,51 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 47,14 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 0 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Alberto Varela Paz | ||||
Eleccións municipais en Vilagarcía de Arousa | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36600 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 36060 | ||||
Páxina web | vilagarcia.gal | ||||
Vilagarcía de Arousa atópase na parte meridional da ría de Arousa formando unha ampla enseada. Limita ao norte con Catoira, ao leste con Caldas de Reis e ao sur con Vilanova de Arousa. O extremo norte do concello, a parroquia de Bamio, sitúase xa na confluencia do río Ulla co océano mentres que no sur destaca o Monte Lobeira cunhas boas vistas de toda a baía.
Segundo o padrón municipal (IGE), a súa poboación no ano 2016 era de 37.283 persoas, das que 19.389 eran mulleres e 17.894 homes. É a novena cidade galega en poboación e a terceira da provincia tras Vigo e Pontevedra.
Fonte INE; 1857-2011
Evolución da poboación de Vilagarcía de Arousa Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
7.814 | 17.342 | 21.335 | 30.199 | 35.053 | 37.576 | 37.903 | 37.621 | 37.741 | 37.712 | 37.482 | 37.283 | |||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
A primeira pegada dos poboadores desta zona está representada polos restos arqueolóxicos atopados no Salgueiral (Bamio), datados no 2000 a.C., e polos petróglifos dos Ballotes, tamén en Bamio. Hai tamén restos da época castrexa: O Carril, Castro de Agudín, Monte Lobeira) e, especialmente, no castro Alobre.
En 1812 consituíronse os concellos de Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e O Carril, que se reduciron a tres coa reforma de 1835: Vilagarcía, Vilaxoán e O Carril. Vilagarcía foi medrando de acordo co desenvolvemento do seu porto, especialmente a raíz da construción dos peiraos en 1866, e en detrimento dos concellos estremeiros, ata que o 1º de marzo de 1913 prodúcese a fusión dos tres nun único concello, que nace baixo o nome de Vilagarcía de Arousa e con Valeriano Deza como único alcalde (Suevia 1913, 2, 11).
O topónimo está composto por un elemento orixinario do latín Villam, 'explotación agropecuaria', e polo nome do seu fundador, García de Caamaño.[1]
O 22 de maio celébrase a festa de Santa Rita, na honra da italiana Rita de Casia, que ten en Vilagarcía e en toda a comarca do Salnés un gran número de devotos desde hai uns cen anos. Santa Rita é a patroa dos imposibles. Os devotos acoden ao Convento de Vista Alegre, algúns a pé desde lonxe,[2][3], para facerlle unha ofrenda á santa como sinal de agradecemento.
O 16 de agosto, día de San Roque, é o día grande das festas de Vilagarcía. Ao remate da procesión do santo dende a igrexa parroquial do centro ata a capela do santo, ten lugar todos os anos a festa da Auga en varias rúas do centro da vila, sendo unha festa que atrae a numerosos turistas de toda Galicia e mesmo de fóra dela. Esta festa naceu a finais da década de 1970, cando nunha xornada de moita calor os veciños pediron que os refrescasen con auga desde os balcóns. As festas patronais duran 10 días arredor desta data e rematan cun espectáculo pirotécnico chamado Combate Naval.
Outras festas populares son o Entroido, a Festa dos maios (o primeiro día do mes das flores) e As Uvas, celebrada o 31 de decembro ás 12 do mediodía. O último sábado de agosto celebrase a Noite Meiga, onde as meigas toman as rúas e reparten queimada e alimentos típicos.
Entre as festas gastronómicas destacan a Festa da ameixa do Carril, na segunda quincena de agosto, a Mostra do Albariño a mediado de agosto, que empezou chamándose AlbArousa, pero dende 2012 recibe o nove de ViñaGarcía e a Semana Micolóxica na segunda quincena de novembro.
En canto a música, Vilagarcía conta co festival de As Revenidas, celebrado en Vilaxóan no mes de xullo; e ata o ano 2013 contaba co Festival do Norte no mes de maio, que pasou a ser organizado na Illa de Arousa[4].
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilagarcía de Arousa vexa: Lugares de Vilagarcía de Arousa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.