Sobrado
concello da comarca da Terra de Melide From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da comarca da Terra de Melide From Wikipedia, the free encyclopedia
Sobrado é un concello situado no sueste da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE no 2015 tiña 1911 habitantes (2139 no 2010, 2289 no 2006, 2316 no 2005, 2360 no 2004, 2400 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «sobradés».[1]
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | Provincia da Coruña | |||
Capital | Sobrado | |||
Poboación | ||||
Poboación | 1.777 (2023) (14,73 hab./km²) | |||
Xentilicio | sobradés | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 120,64 km² | |||
Altitude | 510 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | Jacobo Fernández García | |||
Eleccións municipais en Sobrado | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 15813 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 15080 | |||
Páxina web | sobrado.es | |||
Limita ó sur cos concellos de Melide e Toques, ó leste con Friol e Guitiriz (provincia de Lugo), ó norte con Curtis e ó oeste con Boimorto e Vilasantar. Pertence á comarca de Terra de Melide ó Partido Xudicial de Betanzos e á Diocese de Santiago. As dez parroquias do concello distribúense nun territorio de 120,6 km².
O termo municipal localízase nunha área montañosa pertencente á Dorsal Galega. Atópase en Sobrado o monte Campelo, da serra da Cova da Serpe, que con 811 m de altitude é o máis alto da provincia.
Sobrado ten un réxime térmico e pluviométrico característico do clima oceánico hiperhúmedo, cunha temperatura media anual de 8,4 °C, sufrindo importantes variacións, con máximas en xullo de 22 °C e mínimas en decembro de 2,3 °C. É moi importante a cantidade de precipitacións anuais nesta comarca, cunha media superior ós 1.200 mm. A rede fluvial caracterízase por cursos pequenos e de pouco caudal.
En Sobrado nacen o Mandeo, que desemboca na ría de Betanzos, e o Tambre, que forma a ría de Muros e Noia.
O seu clima é oceánico húmido e fresco, con importantes precipitacións.
Da era castrexa consérvanse varios castros[2]:
Na parroquia da Ciadella atópase o importante campamento romano da Ciadella, o máis importante dos escavados en Galicia (xunto con Aquis Querquennis en Bande). Nel apareceron gran cantidade de tégulas, lápidas, moedas e outras pezas romanas. Probablemente estaría á beira da vía romana entre Brigantium e Lugo. Estivo activo entre os séculos II e IV.
Unha pressura romana deu orixe ao condado de Présaras, que comprendía ademais do concello de Sobrado as terras dos concellos actuais de Vilasantar e Curtis e estendía os seus dominios sobre varias vilas, portos de mar, igrexas e outros mosteiros do norte de Galicia. O derradeiro dos condes de Présaras, Hermenexildo, fundou no ano 952 o mosteiro de Sobrado dos Monxes e nel foi frade logo de quedar viúvo da súa esposa Paterna Gundesíndez. Desta forma, todos os bens do condado pasaron a formar parte das que foron as posesións do cenobio. Refundado no ano 1142, fábrica da que se conservan a capela funeraria da Magdalena, a sala capitular e algunhas partes soltas. No século XVI foi cando se comezou a levantar a igrexa e o mosteiro actuais.
No lugar de Santiago do Campo hai vestixios dunha igrexa prerrománica.
A poboación de Sobrado variou, coma moitos concellos do interior de Galicia, pola emigración do agro ás cidades. Así dende os anos 1950 diminuíu a poboación ata uns estables dous mil habitantes que mantén. Sobrado é un concello da Galicia rural. A súa economía está moi ligada á explotación da terra, a gandería e a explotación forestal. O concello matén unha importante fonte de ingresos no turismo e a hostalería ao ser un dos concellos polos que pasa o Camiño de Santiago.
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Censo total 2015 | 1.911 habitantes | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Menores de 15 anos | 111 (5.81 %) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Entre 15 e 64 anos | 1.065 (55.73 %) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Maiores de 65 anos | 735 (38.46 %) |
Gráfica de evolución demográfica de Sobrado entre 1842 e 2017 |
Poboación de feito segundo os censos de poboación. Poboación de dereito (1842-1991) ou poboación residente (2001-2011) segundo os censos de poboación. Poboación segundo o padrón municipal. |
Aparece tamén Sobrado na terceira estrofa da «Cantiga da montaña» de Aurelio Ribalta: De Trasanquelos á Curtis, / dende Vilacoba a Aranga, / dende Monfero a Sobrado, / dende Libureiro a Caldas, dende Santiago a Millide…[4]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Sobrado vexa: Lugares de Sobrado.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.