Río Mandeo
curso fluvial galego From Wikipedia, the free encyclopedia
curso fluvial galego From Wikipedia, the free encyclopedia
O Río Mandeo nace no Marco das Pías[1] na vertente occidental do Alto dos Moscós, a uns 700 metros de altitude e preto do lugar do Mandeo. Atravesa os concellos de Sobrado, Curtis, Aranga, Irixoa, Coirós, Paderne e Betanzos. Forma a ría de Betanzos xunto co río Mendo.[2] A súa conca abrangue 456 km2.[3]
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Altitude inicial | 700 m | ||||
División administrativa | Provincia da Coruña, España | ||||
Localización | O Marco das Pías | ||||
Final | |||||
División administrativa | Provincia da Coruña, España | ||||
Localización | Ría de Betanzos | ||||
| |||||
Afluentes | |||||
Características | |||||
Dimensións | 56 () km | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 23,88 m³/s | ||||
O afluente principal do río Mandeo é o río Deo. Xúntanse entre os concellos de Curtis e Aranga, na Castellana. Os outros afluentes son: Portos, Lombaos, Dombrete, Ramalleiro, Lentemil, Portabenza e Zarzo.
Parte da zona que percorre é un espazo natural protexido desde 2004 coñecido como zona especial de conservación Betanzos - Mandeo.[4]
Respecto á orixe do nome do río Mandeo (ou Mandeu), conta a lenda que os mouros acamparon na beira do río para decidir cal camiño e cal táctica debían seguir. Dous caudillos discutiron defenderon posturas encontradas, sen chegar a un acordo, ata que un deles exclamou "Aquí mando eu", de onde lle vén o nome ó río.[5]
No río Mandeo celébrase en agosto a romaría dos Caneiros.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.