lugar da parroquia de Vilarraso, no concello de Aranga From Wikipedia, the free encyclopedia
A Castellana é un lugar da parroquia de Vilarraso no concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Tiña 141 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 67 eran homes e 74 eran mulleres.
A Castellana | |
---|---|
A estrada N-VI ao seu paso pola Castellana. | |
Parroquia | Vilarraso |
Concello | Aranga |
Coordenadas | 43°11′27″N 8°01′31″O |
Poboación | 141 hab. (2018) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A ponte vella da Castellana é unha ponte do século XVI[1] que cruza o río Mandeo, construída para o antigo Camiño Real entre A Coruña e Lugo.[2] Foi reformada no século XVIII para proporcionarlle máis luz. Ten un só van, con bóveda de medio punto, e está feita en cadeirado de granito. A ponte foi escenario de combates durante a guerra da Independencia española e escaramuzas durante as guerras carlistas. Durante a guerra civil, os franquistas botaban ó río cadáveres de represaliados dende este lugar[3]. A Ponte Nova construíuse na década de 1950, e entre finais da década de 1980 e comezos da de 1990 construíuse unha nova variante cun viaduto máis amplo, en diversas obras de reforma da estrada N-VI.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.