San Vicente de Fervenzas, Aranga
parroquia civil do concello de Aranga From Wikipedia, the free encyclopedia
San Vicente de Fervenzas é unha parroquia que se localiza no ooeste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2018 tiña 222 habitantes (110 mulleres e 112 homes) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 293 habitantes.
San Vicente de Fervenzas | |
---|---|
![]() Vista do castro do Valló. | |
![]() | |
Concello | Aranga[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°12′41″N 8°04′39″O |
Área | 13,91 km² |
Poboación | 222 hab. (2018) |
Densidade | 15,96 hab./km² |
Entidades de poboación | 24[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Xanrozo.[2]


Xeografía
A parroquia de Fervenzas ten unha superficie de 13,91 km²[4] e 24 núcleos de poboación.[5]
Situación
Está situada no oeste do concello de Aranga e no leste do arciprestado de Xanrozo.
Limita ó norte coas parroquias de Santa María de Ois (do concello de Coirós) e Muniferral, tocando tamén nun punto a de Feás, ó leste coa de Vilarraso, ó sur e oeste coa de Rodeiro (Oza-Cesuras) e ó noroeste nun pequeno tramo coa de Bandoxa (Oza-Cesuras).
Noroeste: Bandoxa (Oza-Cesuras) | Norte: Santa María de Ois (Coirós), Feás e Muniferral | Nordeste: Muniferral e Vilarraso |
Oeste: Rodeiro (Oza-Cesuras) | ![]() |
Leste: Vilarraso |
Suroeste: Rodeiro (Oza-Cesuras) | Sur: Rodeiro (Oza-Cesuras) | Sueste: Rodeiro (Oza-Cesuras) e Vilarraso |
Demografía
Século XVIII
1752[6] | 1768[7] | 1787[8] |
---|---|---|
Veciños | Habitantes | |
53 | 282 | 232 |
Século XIX
Dicionarios xeográficos Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOPC) Censos (poboación de feito)
Século XX
Censos (poboación de feito) Padrón municipal
Século XXI
2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
287 | 281 | 268 | 264 | 271 | 261 | 260 | 256 | 250 | 253 |
2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 |
257 | 254 | 247 | 246 | 241 | 235 | 228 | |||
Fonte: IGE (padrón municipal)[18] |
Gráfica de evolución demográfica de Fervenzas entre 1887 e 2017 |
![]() |
Poboación de feito segundo os censos de poboación. Poboación segundo o padrón municipal. |
Cultura
Toponimia
Fervenzas é un topónimo latino que debe o seu nome ás fervenzas que se forman o longo do río de Vexo.[19][20]
Patrimonio
Existen tres castros recoñecidos, O Valló, Casarellos, e o máis importante o das Cotorras, onde hai un pequeno petróglifo. Atopáronse numerosos obxectos prehistóricos, como un muíño de man nas proximidades da mámoa da Calzada de Mato, datado entre o 2500 e o 2000 a. C,[21] así como o primeiro entrelazado castrexo coñecido da provincia da Coruña no muro da cabeceira da igrexa parroquial.[22] Tamén se acharon dúas aras romanas adicadas a Xúpiter, conservadas no Museo das Mariñas: a primeira en 1967 baixo o altar da mesma igrexa de San Vicente e a segunda en 2023 nunha casa das inmediacións do propio templo.[23][22] Escritos antigos sitúan no Monte do Gato un castelo no século XII, a torre de Teodomiro, cuxos restos foron identificados en 2021 onda o límite parroquial.[24]
Etnografía
Fervenzas na cultura popular
- Labradores de Fervenzas / y todos los de Galicia, / cuánto os añoro, / en esta tierra argentina. / Aún recuerdo aquellos paseos, / que dábamos por sus campiños, / que triste es pensar ahora, / que no te veré jamás.[25]
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de San Vicente de Fervenzas
Lugares da parroquia de San Vicente de Fervenzas no concello coruñés de Aranga | |
---|---|
A Aldea de Arriba | Atá | Boqueixón | A Carballeira | Os Casarellos | O Fervencedo | Fongarandón | A Fonte Vella | A Igrexa | O Mato | Mende | Milreu | Muros | O Painzal | Os Paraños | Penas do Porto | Portoscalvos | Río de Bexo | Silvarredonda | O Sisto | A Torre Lavandeira | A Tragallía | Vallo | O Valló |
Parroquias de Aranga
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.