![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/99/Odysseus_Sirens_BM_E440_n2.jpg/640px-Odysseus_Sirens_BM_E440_n2.jpg&w=640&q=50)
Serea
criatura mitolóxica con corpo de muller e cola de peixe ou cabeza de muller e corpo de ave / From Wikipedia, the free encyclopedia
Na mitoloxía grega, unha serea (en grego antigo: Σειρήνα - Seirēna; pl.: Σειρῆνες - Seirēnes, «as que amarran e desamarran/encadean», talvez relacionado co semítico Sir, «canto», e co grego Χίμαιρα - Khimaira, «quimera») , en Galiza coñecidas coma Mulleres Mariñas, é unha ninfa filla do río Aqueloo, o maior río de Grecia, e dunha musa, Calíope para uns; Terpsícore, para outros; ou Estérope, filla de Éurite, segundo outros máis [1]. Segundo outras versións, as sereas poden ser fillas de Forcis e Xea. Cos seus cantos engaiolaba os mariñeiros e provocaba a súa morte contra os cantís que arrodeaban a súa illa. Segundo a tradición grega, as sereas vivían nos cantís das costas (Lenda das Sereas), como podemos ver nos gravados do mito de Ulises.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/99/Odysseus_Sirens_BM_E440_n2.jpg/640px-Odysseus_Sirens_BM_E440_n2.jpg)
Aínda que este ser mitolóxico vénnos de herdanza do mundo grego, pénsase que a súa orixe é anterior (Persa ou Indoeuropeo)[Cómpre referencia].