Pseudo-Apolodoro
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Dáse o nome de Pseudo-Apolodoro ó autor dun compendio sobre mitoloxía grega coñecido como Biblioteca mitolóxica ou simplemente Biblioteca (Βιβλιοθήκη), texto escrito no século -I e atribuído tradicional -e erroneamente- a Apolodoro de Atenas ou Apolodoro o Gramático, un gramático, historiador e mitógrafo grego do século -II.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. século I |
Morte | c. século II |
Actividade | |
Campo de traballo | Mitoloxía e Literatura grega |
Ocupación | mitógrafo, historiador, escritor |
Período de actividade | (Con vida en: século II ) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Descoñécese calquera dato biográfico deste escritor a quen se denomina Pseudo-Apolodoro ou escritor da Biblioteca, pero o feito de que a Biblioteca mencione como fonte a Cástor de Rodas fai imposible soster a autoría a Apolodoro de Atenas, morto no século anterior (cara ao -119); o devandito Cástor foi autor dunha Crónica que cita feitos acontecidos ata mediados do século -I. Descoñécese igualmente se escribiu ou non outras obras.
"De Argos e Ismene, filla de Asopo, foi fillo Iaso, de quen din que naceu Ío. Non obstante, Cástor, o cronista, e a maioría dos tráxicos cítana como filla de Ínacro, e Hesíodo e Acusilao din que era filla de Pirén".(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitolóxica II, 1, 3)
A Biblioteca mitolóxica consiste nun resumo, que ademais se conserva incompleto, dos diferentes tratados e versións sobre mitos que se desenvolveran en torno ós deuses e heroes gregos. En todo caso, segue a ser unha das fontes máis completas e útiles sobre a mitoloxía grega e moitas veces cita as fontes das que recolle a información: xa vimos antes a mención a Cástor, pero tamén fai referencia a Ferécides, Asclepíades, Acusilao, Cércope, Hesíodo, Herodoto, Homero, etc. Noutras ocasións dá estas referencias de modo indirecto ("o autor dos Nostoi" (ou Regresos), e en numerosas ocasións as referencias son imposibles de identificar ("algúns din", "outros din", "segundo outros", "segundo algúns" ou expresións igualmente vagas).
O primeiro manuscrito coñecido, do século XIV, figuraba titulado como "Biblioteca do gramático Apolodoro de Atenas, e este erro foi copiado polos seguintes amanuenses ata que, en 1873, o arqueólogo alemán Carl Robert detectou a imposibilidade cronolóxica mencionada antes. Cabe supoñer que o erro se debe á mención que fai Focio (patriarca de Constantinopla, ca. 820 - 893), quen falou da existencia dunha pequena obra -un resumo- de Apolodoro, titulada Biblioteca, que describía os deuses e heroes gregos, o regreso de Odiseo desde Troia e numerosos datos sobre pobos, países, cidades e ríos.
O texto que se conserva, en tres libros, está incompleto e remata nas fazañas de Teseo. Cómpre engadir outro texto, coñecido como Epítome Vaticana, descuberto en 1885, que completa as fazañas de Teseo e describe a guerra de Troia; e un segundo texto, basicamente igual que o anterior, descuberto en 1887 no mosteiro de San Sabas (actual Cisxordania), coñecido como Fragmenta Sabbaitica.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.