Breixa, Silleda
parroquia civil do concello de Silleda From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Silleda From Wikipedia, the free encyclopedia
Santiago de Breixa é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 93 habitantes (49 homes e 44 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 174 habitantes.
Breixa | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Silleda[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°44′03″N 8°15′36″O |
Poboación | 93 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Na parroquia consérvanse os petróglifos do Primadorno e o castro das Penas. A Igrexa de Santiago de Breixa é un pequeno templo románico no que destaca a rica decoración interior, moi ben conservada, cun notable arco dobre de medio punto no acceso ó presbiterio, así como o variada imaxinería representada nos capiteis: leóns, centauros, aves, sereas, grifóns etc.
O Pazo de Fares foi construído no século XVI e vencellada aos Negreiros e Portela.
Nesta parroquia naceron o político Gumersindo Otero García e o cóengo e arquiveiro Antonio García Conde.
Na parroquia ten lugar a festa da castaña de Breixa.
Lugares da parroquia de Breixa no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
Breixa | Breixiña | O Castro de Breixa | O Outeiro | A Pena |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.