empresario galego de medios de comunicación From Wikipedia, the free encyclopedia
Santiago Rey Fernández-Latorre, nado na Coruña o 31 de agosto de 1938 e finado no hospital San Rafael (Oza, A Coruña) o 28 de agosto de 2024,[1] foi un empresario galego, propietario e presidente da Corporación Voz de Galicia, propietaria á súa vez do xornal La Voz de Galicia, que é o primeiro grupo de comunicación na comunidade autónoma de Galicia.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de agosto de 1938 A Coruña, España |
Morte | 28 de agosto de 2024 (85 anos) Oza, España |
Causa da morte | morte morrida |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Nai | María Victoria Fernández-Latorre |
Parentes | María Victoria Fernández-España (media irmá) |
Premios |
Foi fillo de Emilio Rey Romero e de María Victoria Fernández-Latorre.[1] Licenciouse en Dereito,[3][4] e en 1961 entra a traballar en La Voz de Galicia, a empresa familiar que fundara o seu avó Juan Fernández Latorre en 1882. En 1963 converteuse no seu xerente,[4] ascendeu logo a conselleiro delegado, en 1987 a vicepresidente e posteriormente, en 1988, foi nomeado presidente, logo do falecemento do seu irmán Emilio Rey Fernández-Latorre.[5][6] En 1992 controlaba o paquete de accións maioritario da empresa, o 26 %.[5] A súa época na dirección do xornal viu marcada pola expansión, coa merca doutras cabeceiras e medios, coa construción dunha planta de impresión en Sabón, e co despregamento dunha rede de edicións.
O negocio ademais estendeuse ao sector audiovisual Galicia en cinema, radio e televisión, coa creación da Corporación Voz de Galicia S.A. que inclúe RadioVoz (anteriormente o seu xermolo fora a creación en Galicia de Antena 3 de Radio), a Voz Audiovisual e do instituto demoscópico Sondaxe.[1] Tamén engloba a sociedade de contidos dixitais Canal Voz, a distribuidora Disgasa, Galicia Editorial — que é a planta de impresión con maior capacidad de Galicia—, e o xornal dixital La Voz de Asturias.[2]
En 1993 deixou a primeira fila de xestión do grupo empresarial en mans do seu fillo Emilio Rey Berguer, pero en 2001 destituíuno e recuperou o control da liña empresarial e da toma de decisións.[7]
Tamén foi presidente do Instituto Internacional de Prensa (IPI), foi un dos fundadores e presidiu a Asociación de Editores de Diarios Españois (AEDE), creou e presidiu a axencia de noticias Colpisa.[2] E creou Antena 3 Galicia e o grupo Cable,[4] e foi conselleiro de Antena 3 TV e Antena 3 Radio.[8]
Ademais, no 2001, inaugurou a Fundación Santiago Rey, responsable do programa de educación ambiental Voz Natura, da convocatoria do Premio Fernández Latorre, da organización dun Mestrado Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual (MPXA).[2] A fundación, tamén, xestiona o Museo Santiago Rey Fernández-Latorre, creado en 1998 e sito no Polígono de Sabón (Arteixo), que garda unha colección de case 5.000 publicacións periódicas e maquinaria histórica da profesión periodística.[2]
Tivo unha enorme influencia tanto na comunidade autónoma como, en diferentes momentos, nas proximidades do goberno en Madrid; mesmo aparecendo, en ocasións, como valedor de Galicia e exercendo un papel reivindicativo.
Un exemplo foi cando, en xaneiro de 2003, durante a crise do Prestige, segundo contou o, daquela, alcalde Francisco Vázquez, cando Mariano Rajoy, ministro e voceiro do goberno de José María Aznar, chamou ao editor para intercambiar opinións sobre unha cita inminente na Coruña, e o editor lle preguntou se incluíran na orde do día a aprobación do Porto exterior da Coruña. Ao dicir Rajoy, que non había nada previsto, Santiago Rey, respondeulle que, entón, mellor que non viñesen.[9] E cando Aznar, inmediatamente, anunciou a súa construción, as informacións do xornal tamén cambiaron de ton.
Tamén foi moi belixerante contra o goberno bipartido do PSdeG-PSOE e BNG, entre 2005-2009, especialmente contra o vicepresidente Anxo Quintana de quen declarou: "Un enfermeiro de Allariz non pode vir mudar o marco económico de Galicia", referíndose ao concurso eólico do momento.[9] Tamén se enfrontou a Augusto César Lendoiro no Deportivo e, o actual dono e presidente do club, Juan Carlos Escotet, é hoxe patrono da Fundación Santiago Rey.
Beneficiouse de grandes contratos co sector público, como a impresión do Diario Oficial de Galicia,[10] así como da maior cantidade de subvencións recibida polos medios de comunicación.[11] Tamén se beneficiou doutras subvencións oficiais como cando en 2011, levou a cabo un investimento de 22 millóns de € para unha nova rotativa, e recibiu do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), o 10 % na maior subvención dada ese ano polo organismo, á que sumou outros 2,6 millóns do goberno de Rajoy.[9]
Estaba casado en segundas nupcias con Salomé Fernández-San Julián Martínez.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.